Ziríes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mapa dos territorios dominados pola dinastía zirí cara ao ano 1000.[1]

Os ziríes foron unha dinastía bérber orixinaria da Cabilia, unha rexión montañosa de Alxeria, que desde o século X gobernaron a rexión de Ifriquiya, primeiro como vasalos dos fatimíes e, a partir de 1048 e até 1163, como emires independentes.

Unha rama dos ziríes, encabezada por Zawi ben Ziri, trasladouse a Al-Andalus para servir como mercenarios ás ordes de Almanzor e, en 1013, fundarían a Taifa de Granada, un reino independente musulmán que xurdiu no Al-Andalus por mor da desintegración do Califato de Córdoba.

En 1057 anexionáronse a Taifa de Málaga ao conquistala aos reis da dinastía hammudí que a gobernaban desde 1026. Con todo, en 1073, a taifa malagueña volvería independizarse da man do tamén zirí Tamim, irmán do rei granadino Abd’Allah ben Buluggin polo que até a caída destes reinos a mans dos Almorávides en 1090, no Al-Andalus coexistiron dous reinos taifas gobernados por membros da dinastía zirí.

Por extensión, o termo zirí aplícase tamén á arte e ás construcións civís realizadas en época desta dinastía nas zonas de Al-Andalus que dominaron (Granada e Málaga). Entre elas destacan a alcazaba Cadima no Albaizín, parte da antiga muralla de Granada e a Alcazaba de Málaga.

Clientes fatimíes[editar | editar a fonte]

Cando os fatimíes marcharon a Exipto no 969, deixaron Ifriqiya a cargo dos ziríes, xefes pertencentes á confederación bérber sinhaya. Nunha serie de campañas, trataron de facerse co control do Magreb central (Alxeria), ao que se opuxeron en xeral os bérberes da outra confederación principal, a zanata, que contaban co apoio do Goberno omeia cordobés.

Ao morrer Al-Mansur ibn Bulugguín no 996, dous dos tíos do novo emir Nàssir-ad-Dawla Badis ibn al-Mansur rebeláronse en Tremecén e sometéronse aos omeias cordobeses. Derrotados, pasaron á península ibérica cos seus seguidores.

Capitais[editar | editar a fonte]

Mapa de Kabilia

Reises ziríes en Al-Andalus[editar | editar a fonte]

Os ziríes na península ibérica e no Magreb.

O seu fundador foi Ziri Manade e o seu principal descendente, Zawi ben Ziri, xeneral mercenario do califa de Córdoba, Hisham II, ás ordes do seu hayib Almanzor. Á morte deste, en Medinaceli o 12 agosto de 1002 (25 de Ramadán de 392), desátase unha guerra civil en Al Andalus. Zawi toma parte nela como cabeza militar dun dos bandos. En 1011 arrasa Medina Azahara e en marzo de 1013 toma Córdoba e funda o Reino de Gr[ ]anada, do que é o seu primeiro emir (rei). Trasladou a súa capital desde Medina Elvira á actual cidade de Granada. Morreu envelenado en Alxer en 1019 por orde do seu rei, o tamén zirí, Mahdia.

Os ziríes foron gobernantes de varios reinos en Ifriquiya, Magreb, Granada e Málaga. Ademais de hábiles guerreiros ao servizo dos califas fatimíes e cordobeses.

Taifa de Granada[editar | editar a fonte]

Nº de orde Nome Anos no poder
1 Zawi ben Ziri as-Sinhayi

 1013-1019 

2 Buluguin ben Zawi

 1019 

3 Habús ben Maksan ben Ziri as-Sinhayi al-Muzaffar

 1019-1038 

4 Badis ben Habús al-Mansur

 1038-1073 

5 Buluguin ben Badis

 1073 

6 Abd’Allah ben Buluggin ben Badis, Sayf ad-Dawla

 1073-1090 

Taifa de Málaga[editar | editar a fonte]

  • Tamin ben Buluggin ben Badis (1073-1090)

Notas [editar | editar a fonte]

  1. http://www.euratlas.net/history/europe/1000/entity_2146.html
  2. Histoire generale de L'Afrique: L'Afrique du VII au XI siecle
  3. Kabylie: la lumière des sens,Wāsīnī Aʻraj,Golias, 1999 [1]
  4. Achir (en inglés)
  5. 5,0 5,1 "The Zīrids, forced to abandon al-Qayrawān, retreated to Mahdīyah" The Zirid dynasty, Britannica.com
  6. 6,0 6,1 Idris H. Roger, L'invasion hilālienne et ses conséquences, dans : Cahiers de civilisation médiévale (43), 1968, pp.353-369. [2]
  7. Mahdia (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]