Saltar ao contido

Zineb Hattab

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaZineb Hattab

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xullo de 1989 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Blanes Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónchef, cociñeira, enxeñeira de software, enxeñeira administrativa Editar o valor en Wikidata

Zineb Hattab, nada en Blanes, Xirona o 23 de xullo de 1989, tamén coñecida como Zizi Hattab, é unha enxeñeira de software e chef catalá de orixe marroquí e propietaria do restaurante vegano KLE en Zürich, Suíza.[1][2] Hattab foi escollida como "descubrimento do ano"[3] por Gault Millau no ano de apertura do seu restaurante en 2020 e foi a primeira chef vegana en Suíza en recibir unha estrela verde Michelin.[4] A cociña de Hattab salienta polos seus sabores intensos e pratos complexos e equilibrados nun ambiente informal.[5][6]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Zineb Hattab naceu o 23 de xullo de 1989 en Blanes, Xirona, filla de pais inmigrantes de Marrocos que chegaron de forma ilegal ao país para posteriormente fincarse na Costa Brava durante a década de 1980. Medrou en Blanes, unha pequena vila a carón do mar Mediterráneo.[7][8]

En 2007, Hattab mudouse a Barcelona para estudar enxeñaría.[9][10] Durante os seus estudos, viviu nun piso de estudantes onde comezou a cociñar para os seus amigos e familiares.[11][12]

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

En 2012, Zineb Hattab trasladouse a Suíza onde traballou durante dous anos como desenvolvedora de software nunha empresa de enxeñaría.[13][14][15] En 2014, á idade de 24 anos, decidiu deixar a súa vida empresarial e comezou unha nova carreira como cociñeira.[13] Traballou en Osteria Francescana de Massimo Bottura, Nerua de Josean Alija e El Celler de Can Roca dos irmáns Roca.[16][17] Tamén traballou para Andreas Caminada en Schloss Schauenstein.

En 2017, Hattab mudouse a Nova York, onde pasou un tempo en Blue Hill[18] e traballou baixo a dirección do chef Enrique Olvera no restaurante Cosme.[19] Despois de 2 anos traballando en Nova York, regresou a Suíza para abrir o seu propio restaurante.[20]

En xaneiro de 2020, Zineb Hattab abriu KLE, un pequeno restaurante en Zürich Wiedikon con boa cociña e un menú completamente vegano.[21] Só unhas semanas despois da súa apertura, Gault&Millau premiouno con 14 puntos e nomeou a Hattab como “Chef do Mes”.[22] Durante 2021, KLE recibiu 15 puntos Gault Millau[23] e converteuse no primeiro restaurante vegano suízo galardoado cunha estrela verde Michelin.[24]

En outubro de 2021, Hattab abriu a súa segunda localización DAR cun restaurante e un bar de cócteles.[25][26]

Galardóns e recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • The Taste of Love[36]
  1. "Man hätte mir wohl einen Topf an den Kopf geworfen". Schweizer Illustrierte (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2022. Consultado o 2023-03-06.
  2. "Die verrückte Karriere der Zizi Hattab". Gault Millau (en alemán). Consultado o 2023-03-06.
  3. "Hattab & Rösch: Die vegane Revolution". Gault Millau (en alemán). Consultado o 2023-03-06.
  4. Burton, Monica (2021-02-02). "Michelin Announces 2021 Stars for Switzerland". Eater (en inglés). Consultado o 2023-03-06.
  5. Kuehn, Alexander (13 de xullo de 2020). "Restaurant of the week: Kle". Falstaff.
  6. Ding, Harry (30 de xuño de 2020). "Kle: Strong aromas, perfect craftsmanship and a feminine signature". Harrys Ding.
  7. "Man hätte mir wohl einen Topf an den Kopf geworfen". Schweizer Illustrierte (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2022. Consultado o 2023-03-06.
  8. "Die verrückte Karriere der Zizi Hattab". Gault Millau (en alemán). Consultado o 2023-03-06.
  9. "Man hätte mir wohl einen Topf an den Kopf geworfen". Schweizer Illustrierte (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2022. Consultado o 2023-03-06.
  10. "Die verrückte Karriere der Zizi Hattab". Gault Millau (en alemán). Consultado o 2023-03-06.
  11. "#2 - Zineb Hattab, from engineering to haute (vegan) cuisine Brillantes.". Consultado o 2023-03-06.
  12. King, Ryan (2021). "From Professor to Chef". Fine Dining Lovers.
  13. 1 2 Holder, Barbara (febreiro de 2020). "Vegan with Passion". Schweizer Illustrierte. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2022. Consultado o 16 de marzo de 2023.
  14. "Die verrückte Karriere der Zizi Hattab". Gault Millau (en alemán). Consultado o 2023-03-06.
  15. "Profi mit Prinzipien". Salz & Pfeffer (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2023. Consultado o 2023-03-06.
  16. "Die verrückte Karriere der Zizi Hattab". Gault Millau (en alemán). Consultado o 2023-03-06.
  17. "#2 - Zineb Hattab, from engineering to haute (vegan) cuisine | Brillantes.". Consultado o 2023-03-06.
  18. du Sartel, Jeanne (1 de setembro de 2020). "Zineb Hattab, from engineering to haute (vegan) cuisine". Brillantes.
  19. "Die verrückte Karriere der Zizi Hattab". Gault Millau (en alemán). Consultado o 2023-03-06.
  20. "Profi mit Prinzipien". Salz & Pfeffer (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2023. Consultado o 2023-03-06.
  21. Hüberli, Tobias (13 de outubro de 2020). "Profi mit prinzipien". Salz & Pfeffer. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2023. Consultado o 16 de marzo de 2023.
  22. "«Kle»: Caminada- Schülerin Zizi mags vegan". Gault Millau (en alemán). Consultado o 2023-03-06.
  23. "GaultMillau 2022: Infos & Bilder für Medien". Gault Millau (en alemán). Consultado o 2023-03-06.
  24. Burton, Monica (2021-02-02). "Michelin Announces 2021 Stars for Switzerland". Eater (en inglés). Consultado o 2023-03-06.
  25. Borner, Oliver (27 de setembro de 2021). "Zizi Hattab opens a second restaurant". Gastrojournal.
  26. Baltisberger, Kathia (22 de setembro de 2021). "Zizi Hattab eroffnet ein zweites restaurant". Gault Millau.
  27. Baltisberger, Kathia (17 de novembro de 2020). "Hattab & Rösch: Die vegane Revolution". Gault Millau.
  28. Baltisberger, Kathia (24 de decembro de 2020). "Veganer sind nicht radikal". Gault Millau.
  29. Grob, Pascal (23 de febreiro de 2020). "Kle: Caminada student Zizi likes vegan". Gault Millau.
  30. Schnapp, David (8 de xullo de 2020). "The crazy career of Zizi Hattab". Gault Millau.
  31. "GaultMillau 2022: Information & images for the media". Gault Millau. 29 de novembro de 2021.
  32. "Gault&Millau: KLE". Gault Millau. 2021.
  33. Burton, Monica (2 de febreiro de 2021). "Michelin Announces 2021 Stars for Switzerland". Eater.
  34. "50 Next 2022: descubre a los protagonistas del futuro de la gastronomía". www.finedininglovers.com (en castelán). Consultado o 2023-03-04.
  35. Anido, Fruela Zubizarreta;Marina García;Fernando (2022-10-20). "Las 25 mejores chefs de España". vanitatis.elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2023-03-04.
  36. Hattab, Zineb (2022). The Taste of Love. Lübbe. ISBN 978-3404174683. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2023. Consultado o 16 de marzo de 2023.