Zigurat Software

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Zigurat Software é unha compañía de videoxogos española, aínda que como grupo comezaron a programar co ZX-81, a súa aparición como compañía foi en 1983 cando sacaron ao mercado o xogo para ZX Spectrum, Fred baixo o selo Made in Spain (que manterían) e foi un éxito en España e no Reino Unido, ao cal seguen novos éxitos como Sir Fred e El Misterio del Nilo que fai que traballen para Zigurat grupos de programadores autónomos en diversas cidades españolas: Arcadia, Gamesoft, Truesoft, Turbo 16. Zigurat primou a calidade sobre a cantidade, lanzando poucos títulos ao ano.

Coa desaparición dos 8 bits a compañía reconvertiuse e pasou a editar títulos para máquinas recreativas, World Rally, Target Hits, Surf Planet e Football Power son os títulos máis coñecidos.

Xogos[editar | editar a fonte]