Zifio de Blainville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Zifio de Blainville
Mesoplodon densirostris
Mother-Calf Pair of Blainville's Beaked Whales.jpg
Femia de zifio de Blainville cunha cría

Comparación co tamaño dun humano medio
Comparación co tamaño dun humano medio

Estado de conservación
Datos insuficientes[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Ziphioidea
Familia: Ziphiidae
Xénero: Mesoplodon
Especie: M. densirostris
Nome binomial
Mesoplodon densirostris
(Blainville, 1817)
Área de distribución de Mesoplodon densirostris

Área de distribución de Mesoplodon densirostris
Sinonimia
Véxase o texto

O zifio de Blainville,[2] tamén grafado cifio de Blainville,[3] Mesoplodon densirostris, é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos,[4] unha das quince integradas hoxe no xénero Mesoplodon.[5]

Recibe o seu nome vulgar na honra do naturalista, zoólogo e anatomista francés Henri Marie Ducrotay de Blainville, que foi quen decribiu a especie.

É a especie de zifio con maior área de dispersión, e a máis estudada do xénero Mesoplodon.[6]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1817 por Henri Marie Ducrotay de Blainville na páxina 178 da obra de Anselme Gaëtan Desmarest Nouveau dictionnaire d'histoire naturelle. 9, baixo o nome de Delphinus densirostris.[4]

Posteriormente foi reclasificada dentro do xénero Masoplodon, establecido en 1850 polo paleontólogo francés Paul Gervais en Ann. Sci. Nat. Zool. (París), ser. 3, 14: 16.[7]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Para a do xénero ver Mesoplodon.

O epíteto específico, densirostris, está formado pola unión dos elementos do latín científico densi-, do latín densus, "denso", "compacto", e -rostris, do xenitivo do latín rostrum, -i, "bico", "fociño".[8][9] Literalmente: "o de fociño compacto".

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]

  • Delphinus densirostris de Blainville, 1817 (basónimo)
  • Nodus densirostris Galbreath, 1963
  • Ziphius sechellensis Gray, 1846

Características[editar | editar a fonte]

As principis características desta especie son:[3][9][10][11]

  • O seu corpo é robusto, pero menos ancho que o doutras especies do xénero.
  • A cabeza é plana frontalmente, e a súa mandíbula inferior está arqueada, formando un bico moderadamente longo. O melón é plano e comparativamente pequeno.
  • Os machos adultos son recoñecíbes de forma doada pois posúen dous dentes que sobresaen da boca, e que ás veces están infestados de crustáceos cirrípedes.
  • Unha das súas características máis notorias son os ósos extremadamente densos do seu rostro, que probablemente serven de protección contra os ataques doutros individuos da especie. Porén, na actualidade descoécese a función real destes ósos, xa que a graxa circundante e a fraxilidade do óso fan que sexa pouco probábel que se utilicen para combater. Suxeriuse que pode desempeñar un papel na ecolocalización, ou como lastre, pero sen suficientes observacións do seu comportamento isto non se pode confirmar.
  • Son de cor gris azulada, e gris claro na zona traseira. A súa cabeza é algo marrón.
  • Os machos miden polo menos 4,4 m, e pesan uns 800 kg, mentres que aa femia miden polo menos 4,6 m e pesan uns 1 000 kg.
  • Ao naceren, as crías teñen unha lonxitude duns 190 cm, e un peso duns 60 kg.
  • É habitual observar nos exemplares deste zifio mordeduras circulares do tiburón Isistius brasiliensis (da familia dos dalatíidos).

Distribución[editar | editar a fonte]

A especie prefire as augas cálidas do trópico, sendo o máis común observalas de Hawai, as Bahamas e nas illas da Sociedade, pero foron observadas tamén en latitudes altas, como en Islandia, as illas Británicas, no Xapón e, cara ao sur, en Suráfrica, Chile central, Tasmania e Nova Zelandia; obsérvanse con frecuencia na illa de El Hierro (illas Canarias, España).[12] A especie, con todo, aparentemente non é migratoria.[9]

Comportamento[editar | editar a fonte]

Poden vivir en pequenos grupos, de 3 a 7 individuos.[9] Esteos grupos poden estar formados por individuos de ambos os sexos, e de difrentes idades, ou pueden estar segregados.[11]

As súas inmersións foron cronometradas en até 22 minutos, e até profundidades de 900 m. Cando emerxen, fano lentamente.[Cómpre referencia]

Como outros conxéneres encóntranse principalmente en alta mar en augas profundas, pero ás veces poden encontrarse cerca da costa.[13] Unha análise detallada das preferencias de hábitat nas Bahamas, onde esta especie se encuentra comunmente, indicou que os zifios de Blainville se encontraban preferentemente en augas de gradientes de profundidade intermedios a profundidades entre os 200 e os 1000 m (augas do noiro continental). Estas pode que sexan as zonas de maior dispoñibilidade de presas a causa das interaccións das correntes e a topografía local.[13] As observacións ao rededor das Hawai parecen indicar que estes animais prefiren profundidades de 700 a 1000 m.[14] Ritter e Brederlau avistaron Mesoplodon densirostris 24 veces entre setembro de 1995 e agosto de 1997 fronte á Gomera, Illas Canarias. Dos sete avistamentos para os que se rexistrou dita información, a profundidade media foi de 320 m e a distancia media desde a costa de 4,39 km.[15]

Probabelmente as luras son o seu alimento principal, pero tamén poden capturar algúos peixes en aguas profundas.[9][16] Como a mayoría dos zifíidos, crese que se alimentan por succión.[17]

Ameazas[editar | editar a fonte]

Algúns zifios de Blainville son capturados incidentalmente por barcos atuneiros xaponeses fronte ás Seychelles e Australia Occidental, así como directamente por pequenos cazadores de cetáceos en varias zonas. Dolar e colaboradores investigaron as pescarías de mamíferos mariños no centro e sur das Visayas, no norte de Mindanao e Palawan (Filipinas) a partir de informes arquivados e de visitas a lugares onde se realizan tales pescarías. Os cazadores da illa Pamilacan (Visayas Centrais) capturaron algúns cetáceos pequenos, entre eles Mesoplodon densirostris. Os golfiños e outros cetáceos pequenos son capturados con arpóns de man ou, cada vez máis, con frechas de arpón de punta articulada disparadas por fusís de lanza modificados accionados por goma.[18] Jefferson e col. informaron que algúns espécimes forano capturados incidentalmente no Pacífico norte por pescadores taiwaneses e, accidentalmente, por pescadores xaponeses de atún no Océano Índico.[19]

En 1993 encontrouse un exemplar de zifio de Blainville adulto varado na costa sur de Brasil. A análise do contido do estómago revelou a presenza dun feixe azulado de fíos de plástico que ocupaban gran parte da cámara principal do estómago. Tanto o estómago como os intestinos estaban completamente libres de parasitos, así como de restos de comida e feces, o que indica que o animal non se alimentara durante algún tempo. O plástico inxerido pode que lle provocara unha falsa sensación de saciedade, o que podería reducir o seu apetito e, tamén, provocar a morte do zifio. Esta forma de contaminación pode estar aumentando, e poedría ser unha ameaza para a especie.[20]

Nos últimos anos aumentou a preocupación de que os sons subacuáticos fortes, como o sonar e as imvestigacións sísmicas, poidan ser prexudiciais para os zifios.[21] O uso do sonar activo desde embarcacións militares asociouse a varamentos masivos de zifios de Blainville.[22][23][24][25] O varamiento dos zifios de Cuvier no golfo de California tamén se relacionou estreitamente cun estudo sísmico.[21] A causa real dos varamentos non se comprende ben, pero propúxose a formación de burbullas de gas [26] a partir dunha resposta ao son mediada polo comportamento.[27]

Os impactos previstos do cambio climático global no medio mariño poden afectar a esta especie, aínda que a natureza dos impactos non está clara.[28]

Conservación[editar | editar a fonte]

A especie é ocasionalmente cazada, pero nunca foi un branco principal. As redes de pesca de profundidade son probabelmente a súa ameaza principal. Existe evidencia, como quedou dito, de que poden ser vítimas de traumas auditivos debidos a actividades militares.

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta de que a información sobre a abundancia global da especie é limitada, e que non hai ningunha sobre as tendencias da abundancia dela, non se cre que sexa infrecuente, pero é potencialmente vulnerábel a ameazas de baixo nivel, e non se pode descartar unha redución global do 30 % en tres xeracións, polo que cualifuica o status da especie como DD (datos insuficientes).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Taylor, B. L.; Baird, R.; Barlow, J.; Dawson, S. M.; Ford, J.; Mead, J. G.; Notarbartolo di Sciara, G.; Wade, P. & Pitman, R. L. (2008): Mesoplodon densirostris na Lista vermella da UICN. Versión 2020-2. Consultada o 26 de novembro de 2020.
  2. Lahuerta & Vázquez 2000, p. 313.
  3. 3,0 3,1 Díaz d'a Silva, Cartelle & 2007, p. 126.
  4. 4,0 4,1 4,2 Mesoplodon densirostris (de Blainville, 1817) no WoRMS. Consultado o 29 de novembro de 2020.
  5. Mesoplodon Gervais, 1850 no WoRMS. Consultado o 10 de novembro de 2020.
  6. Reeves, R. R.; Smith, B. D.; Crespo, E. A. & Notarbartolo di Sciara, G. (2003): Dolphins, Whales and Porpoises: 2002-2010 Conservation Action Plan for the World's Cetaceans. IUCN/SSC Cetacean Specialist Group. Gland, Switzerland and Cambridge, UK. ISBN 2-8317-0656-4.
  7. Mesoplodon en MSW. Consultado o 26 de novembro de 2020.
  8. densirostris, en Aquatical Latin - the online etymology (en inglés).
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Reeves, Randall (2008). Guide to Marine Mammals of the World. New York: National Audubon Society. pp. 294–295. ISBN 978-0-3754-1141-0. 
  10. Currey, J. D. (1999). "The design of mineralised hard tissues for their mechanical functions". Journal of Experimental Biology 202 (Pt 23): 3285–3294. PMID 10562511. 
  11. 11,0 11,1 Blainville's Beaked Whale en Fisheries NOAA (en inglés).
  12. Reyes Suárez, C. (2018): "Abundance estimate, survival and site fidelity patterns of Blainville's (Mesoplodon densirostris) and Cuvier's (Ziphius cavirostris) beaked whales off El Hierro (Canary Islands) (Doctoral dissertation, University of St Andrews).
  13. 13,0 13,1 MacLeod, C. D. & Zuur, A. F. (2005): "Habitat utilization by Blainville's beaked whales off Great Abaco, northern Bahamas, in relation to seabed topography". Marine Biology 147: 1-11.
  14. Baird, R. W., et al. (2006): "Diving behaviour of Cuvier's (Ziphius cavirostris) and Blainville's (Mesoplodon densirostris) beaked whales in Hawaii". Canadian Journal of Zoology 84: 1120-1128.
  15. Ritter, F. & Brederlau, B. (1999): "Behavioural observations of dense beaked whales (Mesoplodon densirostris) off La Gomera, Canary Islands (1995-1997)". Aquatic Mammals 25(2): 55-61.
  16. Santos, M. Begona (2007): "Insights into the diet of beaked whales from the atypical mass stranding in the Canary Islands in September 2002". Journal of the Marine Biological Association of the UK. 87: 243–251.
  17. Heyning, J. E. & Mead, J. G. (1996): "Suction feeding in beaked whales: morphological and observational evidence". Natural History Museum of Los Angeles County, Contributions in Science 464: 12.
  18. Dolar, M. L. L., et al. (1994): "Directed fisheries for cetaceans in the Philippines". Reports of the International Whaling Commission 44: 439-449.
  19. Jefferson, T. A.;, Leatherwood, S. & Webber, M. A. (1993): Jefferson, T. A.; S. Leatherwood & M. A. Webber (1994): Marine mammals of the world. Roma: FAO Species Identification Guide (FAO/UNEP). ISBN 92-5 -103292-0.
  20. Secchi, E. R. & Zarzur, S. (1999): "Plastic debris ingested by a Blainville's beaked whale, Mesoplodon densirostris, washed ashore in Brazil". Aquatic Mammals 25 (1): 21-24.
  21. 21,0 21,1 Malakoff, D. (2002): "Suit ties whale deaths to research cruise". Science 298: 722-723.
  22. Balcomb, K. C. & Claridge, D. E. (2001): "A mass stranding of cetaceans caused by naval sonar in the Bahamas". Bahamas Journal of Science 8 (2): 2-12.
  23. Jepson, P. D., et al. (2003): "Gas-bubble lesions in stranded cetaceans·. Nature 425: 575-576.
  24. Wang, J. Y. &d Yang, S. C. (2006): "Unusual cetacean stranding events of Taiwan in 2004 and 2005". Journal of Cetacean Research and Management 8: 283-292.
  25. Yang, W.-C., et. al. (2008): "Unusual cetacean mortality events in Taiwan, possibly linked to naval activities". Veterinary Record 162: 184-186.
  26. Fernández et al. (2005): "Gas and fat embolic syndrome involving a mass stranding of beaked whales (family Ziphiidae) exposed to anthropogenic sonar signals". Veterinary Pathology 42: 446-457.
  27. Cox, T. M., et al. (2006): "Understanding the impacts of anthropogenic sound on beaked whales". Journal of Cetacean Research and Management 7 (3): 177-187.
  28. Learmonth, J. A., et al. (2006): "Potential effects of climate change on marine mammals". Oceanography and Marine Biology: An Annual Review 44: 431-464.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]