Zidantas I
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XVI a. C. |
| Morte | século XVI a. C. Hattusa, Turquía |
| Lugar de sepultura | Hattusa |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Familia | |
| Cónxuxe | (…)-saltas |
| Fillos | Ištapariya, Ammunas |
Zidantas I, rei dos hititas, gobernou durante un período de tempo indeterminado, aproximadamente na década de -1550.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xenro do seu antecesor, Hantilis I, participou no asasinato de Mursilis I que permitiu ao seu sogro alcanzar o poder. Transcorridos trinta anos de reinado de Hantilis I, asasinou a este e a algúns dos seus descendentes para alcanzar o trono hitita.
Non se coñece moito do seu reinado, xa que non quedaron probas documentais e foi rapidamente asasinado polo seu fillo, Ammunas.
| Hititas | ||
|---|---|---|
Segue a: Hantilis I |
Zidantas I (-1550-?)
|
Precede a: Ammunas I |