Zenone Albino Testa
Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Zenone Albino Testa | |
---|---|
Bispo da Igrexa Católica Latina | |
Biografía | |
Nacemento | 29 de maio de 1914 en Vertova, Bérgamo, Italia |
Pasamento | 19 de setembro de 1982 |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 7 de agosto de 1937 |
Consagración episcopal | 9 de abril de 1961, por Amleto Giovanni Cicognani |
Orde relixiosa | Capuchinos |
Vigairo apostólico de Asmara Bispo titular de Tinista | |
12 de agosto de 1961 - 12 de xuño de 1971 | |
Predecesor | Giovanni Luigi Marinoni |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Zenone Albino Testa, nado en Vertova (provincia de Bérgamo, Italia) o 29 de maio de 1914[1] e finado o 19 de setembro de 1982, foi un bispo e capuchino italiano, que exerceu de vicario apostólico de Asmara entre 1961 e 1971.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi ordenado sacerdote o 7 de agosto de 1937.[1] O 9 de agosto de 1961 foi consagrado bispo e pasou a ser o novo vicario apostólico de Asmara.[1]
Coa renuncia de Albino en 1971, o papa nomeou o tamén capuchino Luca Milesi administrador apostólico da vigairía,[2] que finalmente foi suprimida en 1995, e a partir de entón os fieis latinos pasaron a depender dos bispos etíopes.
Premios e distincións[editar | editar a fonte]
O 15 de setembro de 1957 foi nomeado comendador da Orde da Estrela da Solidariedade Italiana polo presidente de Italia Giovanni Gronchi.[3]