Zeitgeist (filosofía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Zeitgeist é un termo filosófico que se refire aos caracteres distintivos das persoas que se estenden nunha ou máis xeracións posteriores e cuxa visión global, a pesar das diferenzas de idade e a contorna socio-económico, prevalece para ese particular período da progresión socio-cultural.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

 Zeitgeist é orixinalmente unha expresión do idioma alemán que significa "o espírito (Geist) do tempo (Zeit)". Refírese ao clima intelectual e cultural dunha era. A pronuncia da palabra en alemán é [ˈt͡sa͡ɪ̯tˌg̊a͡ɪ̯st] (AFI).

Características[editar | editar a fonte]

Zeitgeist é a experiencia dun clima cultural dominante que define, particularmente no pensamento hegeliano, unha era na progresión dialéctica dunha persoa ou o mundo enteiro. A contribución principal de Hegel á formulación do concepto de Volksgeist ("espírito do pobo") é a atribución dun carácter histórico ao concepto. O espírito dunha nación é unha das manifestacións de Espírito Mundial (Weltgeist). Ese espírito está esencialmente vivo e activo ao longo da historia da humanidade. Agora, o espírito de nación é unha etapa intermedia na historia mundial, coñecida como a historia mundial do espírito. O Espírito Mundial dá o impulso á realización do espírito histórico de varias nacións (Volksgeister). O espírito de nacións individuais son as articulacións (Gliederungen) dunha organización e a súa realización. O espírito de nacións individuais representa un segmento do Espírito Mundial do que emerxe un espírito universal ilimitado.

O concepto de Zeitgeist é máis coñecido en relación coa filosofía da historia de Hegel. En 1769 Herder escribiu unha crítica da obra Genius Seculi escrito polo filólogo Christian Adolph Klotz e introduciu ao alemán a palabra Zeitgeist como unha tradución de genius seculi (en latín: genius - "espírito gardián" e saeculi - "do século"). Os románticos alemáns, habitualmente tentados a reducir o pasado á súa esencia, trataron o Zeitgeist como un carácter histórico no seu propio dereito, en lugar de usalo como un instrumento soamente conceptual.