Zaporizhia
| Zaporizhia | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||
Zaporijia, tamén transliterado do cirílico Zaporizhzhia e Zaporizhia, en ucraíno, Запоріжжя, en ruso Запоро́жье, é unha cidade do sueste de Ucraína, situada ás beiras do río Dniéper. É o centro administrativo do óblast' de Zaporijia e do raión de Zaporijia. Antes de 1921 era coñecida como Oleksandrivsk ou Alexandrovsk (Александровск).[1]
A cidade é un dos principais centros industriais, administrativos e culturais do sur de Ucraína. A súa economía desenvolveuse arredor da metalurxia, a enxeñaría, a industria química e a fabricación de maquinaria, favorecida pola súa localización no Dniéper e polas comunicacións ferroviarias e fluviais.[1] No óblast' atópase tamén a chamada central nuclear de Zaporijia, situada preto de Enerhodar, sendo a maior central nuclear de Europa.[2]
A illa de Khortytsia, situada no Dniéper, é un dos lugares históricos máis coñecidos da cidade e está asociada á historia dos cosacos de Zaporizhia (zaporogos).[1]
Segundo a estimación oficial de 1 de xaneiro de 2022, Zaporijia tiña 710.052 habitantes.[3] Desde a invasión rusa de Ucraína de 2022, a cidade sufriu ataques con mísiles en diversas ocasións, aínda que non foi ocupada polas forzas rusas.[1]
Toponimia
[editar | editar a fonte]Até 1921 a cidade chamouse Oleksandrivsk, nome derivado da fortaleza de Oleksandrivsk, fundada en 1770 como parte da liña defensiva do río Dniéper do Imperio Ruso.[1]
O nome Zaporijia procede da expresión ucraína que significa aproximadamente "máis alá dos rápidos", en referencia aos antigos rápidos do Dniéper. Estes rápidos dificultaban a navegación polo río até que quedaron cubertos polo encoro creado coa construción da central hidroeléctrica rematada en 1932.[1] A variante deste topónimo nas linguas polaca e rusa é Zaporozhie e
Zaporozhia (Zaporoże,Запорожье) nome polo que se coñece tamén a rexión histórica.
O 15 de marzo de 1921, o comité executivo provincial asinou a orde pola que Oleksandrivsk pasaba a chamarse Zaporijia, aínda que algunhas denominacións antigas continuaron a empregarse durante un tempo, especialmente nas estacións ferroviarias.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]A zona de Zaporijia estivo habitada desde antigo. En 2014, o municipio de Zaporijia aprobou o informe dun grupo de traballo que propuxo considerar a Idade Media, en concreto o ano 952 como data da aparición do primeiro asentamento no territorio da cidade actual. A decisión baseouse no tratado De administrando imperio, do emperador bizantino Constantino VII Porfiroxéneta, no que se mencionaban asentamentos nas dúas beiras do Dniéper e na illa de Khortytsia.[5]
Con todo, a orixe da cidade moderna adoita vincularse á fortaleza de Oleksandrivsk, establecida en 1770. O asentamento medrou arredor desta fortificación e recibiu a condición de cidade en 1806. A chegada do ferrocarril na década de 1870 converteuna nun nó importante para o transporte fluvial e ferroviario de mercadorías.[1]
Durante o período soviético, a construción da central hidroeléctrica do Dniéper, entre 1927 e 1932, impulsou fortemente o crecemento industrial da cidade. A abundancia de enerxía favoreceu a implantación da siderurxia, da metalurxia non ferrosa e doutras industrias pesadas.[1]
Demografía
[editar | editar a fonte]Economía
[editar | editar a fonte]Industria e enerxía
[editar | editar a fonte]Zaporijia é un importante centro industrial ucraíno. Entre as súas actividades principais salientan a metalurxia, a fabricación de aceiro e aluminio, a construción de maquinaria, a produción de automóbiles, equipamentos eléctricos e produtos químicos.[1]
A rexión é tamén un dos principais centros de produción enerxética de Ucraína. Preto da cidade de Enerhodar, a uns 50-60 km ao suroeste de Zaporijia, atópase a maior central nuclear de Europa. A instalación dispón de seis reactores VVER-1000 e unha capacidade instalada duns 6.000 MW. A súa construción comezou en 1979, durante a época soviética, e as primeiras unidades entraron en servizo na década de 1980.[6][7]
A central foi ocupada polas forzas rusas en marzo de 2022, durante a invasión rusa de Ucraína, e desde entón a súa situación xerou preocupación internacional pola seguridade nuclear.[2] Segundo a Axencia Internacional de Enerxía Atómica, a central non produce electricidade, mais continúa necesitando subministración externa para manter as funcións esenciais de seguridade e arrefriamento do combustible nuclear.[8]
Transportes
[editar | editar a fonte]A cidade dispón dun porto fluvial no Dniéper e dunha posición relevante nas comunicacións ferroviarias do sueste de Ucraína. A súa situación convértea nun punto de conexión entre o sur do país, as rexións centrais e occidentais e a capital, Kíiv.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 "Zaporizhzhya". Encyclopaedia Britannica (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2026.
- 1 2 Portugal, Rádio e Televisão de (2023-07-05). "Maior central nuclear da Europa. Agravou-se a tensão em torno do complexo de Zaporizhia". Maior central nuclear da Europa. Agravou-se a tensão em torno do complexo de Zaporizhia (en portugués). Consultado o 2026-05-07.
- ↑ Minfin (ed.). "Чисельність населення в місті Запоріжжя" (en ucraíno). Consultado o 7 de maio de 2026.
- ↑ Zaporizhzhia City (ed.). "У цей день Олександрівськ було перейменовано на Запоріжжя" (en ucraíno). Consultado o 7 de maio de 2026.[Ligazón morta]
- ↑ Concello de Zaporijia, ed. (27 de xuño de 2014). "Про затвердження звіту робочої групи із уточнення дати заснування м. Запоріжжя" (en ucraíno). Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2022. Consultado o 7 de maio de 2026.
- ↑ Ukrainian Nuclear Society (ed.). "Zaporizhzhya NPP" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2026.
- ↑ Power Technology (ed.). "Zaporizhzhya Nuclear Power Plant, Ukraine" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2026.
- ↑ "Ukraine's Zaporizhzhia nuclear plant briefly loses external power on Chornobyl anniversary". Reuters.com (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zaporizhia |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
