Antón Zapata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Zapata García»)
Antón Zapata
Nacemento26 de febreiro de 1886
Lugar de nacementoLaxe
Falecemento20 de xuño de 1953
Lugar de falecementoBuenos Aires
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

Antón Zapata García, nado en Laxe o 26 de febreiro de 1886 e finado en Buenos Aires o 20 de xuño de 1953, foi un poeta en lingua galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Antonio Zapata García, carabineiro natural de Sarandós, e de María Josefa García Moreira, nada en Camariñas. En Laxe transcorre a súa infancia até que emigra a Buenos Aires en 1903 con 17 anos de idade. As posibles causas da súa marcha son as diferenzas coa súa madrastra -coa que seu pai casara após a morte da nai do poeta, cando este era neno- e o desexo de eludir o servizo militar.

Na Arxentina traballou como empregado de comercio e participou de forma activa nas actividades da colectividade galega. Colaborou en distintas revistas como El Eco de Teo, Suevia ou La Voz de Galicia e tivo un papel destacado dentro da Asociación Benéfica y Cultural del Partido de Corcubión, chegando a dirixir a súa publicación, Alborada e na Sociedade Nacionalista Pondal. En maio de 1929 creou con Manuel Oliveira Viqueira e Francisco Regueira a Institución Cultural Gallega, protectora do Seminario de Estudos Galegos.

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Edición facsímile no 2004 en Xerais, a cargo de Miro Villar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]