Zakaria Eddahchouri
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 11 de maio de 2000 Papendrecht | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Países Baixos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Zakaria "Zaka" Eddahchouri, nado en Papendrecht (Holanda Meridional, Países Baixos) o 11 de maio de 2000, é un futbolista neerlandés de orixe marroquí, que xoga como dianteiro ou centrocampista ofensivo no Deportivo da Coruña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezos e vida persoal
[editar | editar a fonte]Naceu na cidade neerlandesa de Papendrecht, na provincia de Holanda Meridional, no seo dunha familia de orixe marroquí, sendo o máis vello de tres irmáns. Creceu sendo afeccionado ao Feyenoord.[1] Comezou a xogar ao fútbol nas categorías inferiores do VV Papendrecht, ocupando a posición de extremo esquerdo e máis tarde ingresou na canteira do Feyenoord. Xogou en Rotterdam ata os 14 anos, cando as chegadas de Orkun Kökcü e Lion Kalentjev o deixaron sen espazo no equipo.[1] A continuación pasou polas categorías inferiores do Spartaan'20 e do Go Ahead Eagles, onde completou a súa formación.[1]
Go Ahead Eagles
[editar | editar a fonte]O 3 de maio de 2019 debutou co primeiro equipo do Go Ahead Eagles na Eerste Divisie, a segunda categoría do fútbol neerlandés, da man do adestrador John Stegeman. Foi na derrota por 2-0 diante do FC Den Bosch da derradeira xornada de liga.[2] Subiu definitivamente ao primeiro equipo na tempada 2020/21, na que disputou un total de 22 encontros, incluído un partido da Copa Neerlandesa no que marcou o seu primeiro gol como profesional (ante o Goes (fútbol)), conseguindo o ascenso á Eredivisie ás ordes de Kees van Wonderen. Debutou na máxima categoría do fútbol dos Países Baixos o 27 de novembro de 2021, nun partido contra o Willem II, no que substituíu no minuto 71 a Martijn Berden.[3] Con todo, foi o seu único partido esa campaña, debido á dura competencia no equipo.
Koninklijke HFC
[editar | editar a fonte]Para a tempada 2022/23 fichou polo Koninklijke HFC, da Tweede Divisie (terceira división), coa intención de gañar experiencia e minutos.[4] Reconvertido na posición de dianteiro centro a petición do adestrador Gertjan Tamerus,[1] conseguiu 16 goles en 31 partidos co club de Haarlem, sendo o quinto máximo goleador da categoría e atraendo o interese de clubs de maior nivel.
Telstar
[editar | editar a fonte]En xullo de 2023 regresou á Eerste Divisie, ao fichar polo Telstar, asinando un contrato por unha tempada con opción a outra.[5] Debutou co club na primeira xornada de liga, unha derrota por 1-0 ante o Jong PSV.[6] Marcou o seu primeiro gol na categoría no segunda xornada, o 18 de agosto, nunha derrota na casa por 3-2 ante o Cambuur.[7] O 17 de novembro conseguiu un triplete no triunfo por 1-4 sobre o Den Bosch no estadio De Vliert.[8] Repetiu tres goles nun mesmo partido en decembro contra o Helmond Sport (3-0),[9] pechando a campaña cun total de 14 goles en 27 partidos de liga.
Continuou como máximo artilleiro do club e da liga na primeira metade da tempada 2024/25, con 17 goles en 23 partidos, ata que o 30 de xaneiro de 2025 se anunciou a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, que o adquiriu por unha cantidade que roldou os 250.000 euros.[10] Asinou un contrato co club galego por tres anos e medio.
Deportivo da Coruña
[editar | editar a fonte]Debutou co club galego só tres días despois da súa fichaxe, na vitoria por 1-0 sobre o Eibar en Ipurua, partido no que substituíu nos 20 minutos finais a Barbero.[11] Unha semana despois xogou o seu primeiro encontro como titular, ante o Almería en Riazor, e no minuto 19 marcou o gol que inaugurou o marcador.[12] Foi titular na maioría de partidos restantes, e marcou tres goles máis. A mediados de maio sufriu un accidente no paseo marítimo da Coruña, ao caer ás rochas na zona coñecida como Os Pelamios, dunha altura de cinco metros, tendo que ser rescatado polos servizos de emerxencias e trasladado ao hospital CHUAC.[13] O club informou de que non sufrira feridas graves e que a súa vida non corría perigo, aínda que si lle impediu xogar os dous últimos partidos da tempada.[14] Pechou a campaña cun total de 16 partidos e 4 goles co Dépor.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]| Club | Tempada | División | Liga | Copa | Total | |||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | |||
| Go Ahead Eagles | 2018/19 | Eerste Divisie | 1 | 0 | 0 | 0 | 1 | 0 |
| 2019/20 | Eerste Divisie | 5 | 0 | 1 | 0 | 6 | 0 | |
| 2020/21 | Eerste Divisie | 21 | 0 | 1 | 1 | 22 | 1 | |
| 2021/22 | Eredivisie | 1 | 0 | 0 | 0 | 1 | 0 | |
| Total club | 28 | 0 | 2 | 1 | 30 | 1 | ||
| Koninklijke | 2022/23 | Tweede Divisie | 30 | 16 | 1 | 0 | 31 | 16 |
| Telstar | 2023/24 | Eerste Divisie | 27 | 14 | 1 | 0 | 28 | 14 |
| 2024/25 | Eerste Divisie | 23 | 17 | 2 | 0 | 25 | 17 | |
| Total club | 50 | 31 | 3 | 0 | 53 | 31 | ||
| Deportivo da Coruña | 2024/25 | Segunda | 16 | 4 | 0 | 0 | 16 | 4 |
| Total carreira | 124 | 51 | 6 | 1 | 130 | 52 | ||
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 "Zakaria Eddahchouri is klaar voor de bekerwedstrijd tegen Ajax, de grootste wedstrijd in zijn loopbaan". de Volkskrant (en neerlandés). 18 de decembro de 2024. Consultado o 1 de febreiro de 2025.
- ↑ "FC Den Bosch - Go Ahead Eagles". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2025.
- ↑ "Willem II TIlburg - Go Ahead Eagles". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2025.
- ↑ "HFC test Zakaria Eddahchouri van GAE en Quinten Dekkers van AZ" (en neerlandés). 6 de agosto de 2022. Consultado o 1 de febreiro de 2025.
- ↑ "Telstar slaat weer toe en presenteert Zakaria Eddahchouri als nieuwste aanwinst" (en neerlandés). 13 de xullo de 2023. Consultado o 1 de febreiro de 2025.
- ↑ "Zeperd voor Telstar tegen Jong PSV" (en neerlandés). 14 de agosto de 2023. Consultado o 1 de febreiro de 2025.
- ↑ "Telstar - SC Cambuur". WorldFootball.net (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2025.
- ↑ "Hattrickheld Eddahchouri straalt van geluk: "Kon nog dagen blijven voetballen"" (en neerlandés). 17 de novembro de 2023. Consultado o 1 de febreiro de 2025.
- ↑ "Eddahchouri na hattrick: "De tweede was het mooiste"" (en neerlandés). 13 de decembro de 2024. Consultado o 1 de febreiro de 2025.
- ↑ "Zakaria Eddahchouri, novo dianteiro do Dépor". Deportivo da Coruña. 1 de xaneiro de 2025. Consultado o 1 de febreiro de 2025.
- ↑ "O Dépor suma uns sufridos 3 puntos en Ipurúa porque "a ninguén se lle pasa pola cabeza gañar en Eibar sen sufrir"". Deportivo da Coruña. 2 de febreiro de 2025. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
- ↑ "El RC Deportivo brilla y supera a la UD Almería con autoridad en Riazor" (en castelán). 10 de febreiro de 2025. Consultado o 23 de xuño de 2025.
- ↑ "Zakaria, herido tras caer a las rocas del paseo desde cinco metros de altura". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de maio de 2025. Consultado o 23 de xuño de 2025.
- ↑ "Parte médico de Zakaria Eddahchouri". Deportivo da Coruña. 19 de maio de 2025. Consultado o 23 de xuño de 2025.