Zahra el Hasnaui Ahmed

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Zahra el Hasnaui Ahmed
Nacemento1964
 O Aaiún
NacionalidadeMarrocos
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Zahra el Hasnaui Ahmed, nada no Aaiún en 1964, é unha escritora saharauí en lingua castelá.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Zahra el Hasnaui naceu no por entón Sáhara Español. Tras a ocupación marroquí en 1976, a súa familia quedou no Aaiún emntres que ela foi estudar a colexios españois. Cursou COU en Madrid e fixo Filoloxía Inglesa na Universidade Complutense. Logo de pasar unha tempada en Londres perfeccionando a lingua inglesa, Hasnaui regresou aos Campamentos de refuxiados de Tinduf para traballar como xornalista na Radio Nacional Saharauí. Posteriormente, regresou a España para instalarse en Guadalaxara, onde traballa como profesora e tradutora.

En 2005, xunto con Bahia Mahmud Awah, Conchi Moya e outra xente da radio saharauí, fundou o grupo literario Generación de la Amistad. O grupo editou numerosas obras poéticas colectivas, nas que Zahra el Hasnaui publicou os seus versos: El Aaiún gritando lo que siente (2006), 31. Thirty One (2007), Um Draiga (2007), ou relatos nas coleccións La fuente de Saguia (2009). Tamén participou na antoloxía Primavera sahariana, dedicado aos saharauís do campamento de Gdeim Izik.[2] En 2013 Zahra el Hasnaui publicou o seu primeiro poemario en solitario, El silencio de las nubes.[2]

A súa obra poética caracterízase pola identificación coa poboación saharauí e a súa loita pola independencia. Así mesmo, centra gran parte da súa creación literaria na muller saharauí.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Rivera, M. (xullo-decembro 2014). "Voces saharauis de libertad: la poesía de Salka Embarek y Zahra Hasnaui" (PDF). Espéculo Revista de Estudios Literarios (en castelán) (53). 
  2. 2,0 2,1 Huete Machado, L. (27 de marzo de 2013). "Poetas castellanos del Sáhara". El País Semanal (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • N'Bare N'Gom (ed.) (2013): Palabra abierta: conversaciones con los escritores africanos de expresión en español. Editorial Verbum.