Saltar ao contido

Zahn McClarnon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaZahn McClarnon

(2025) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Zahn Tokiya-ku McClarnon Editar o valor en Wikidata
24 de outubro de 1966 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Denver, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaOs Ánxeles Editar o valor en Wikidata
EducaciónOmaha Central High School Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor en Wikidata -
Premios

IMDB: nm0565647 Allocine: 118000 Rottentomatoes: celebrity/zahn_mcclarnon
Facebook: OfficialZahnMcClarnon Twitter: ZahnMcClarnon Instagram: zahnmcclarnon Youtube: UCqEla3UBzmXfnKVHes-omeA BNE: XX5606078 Editar o valor en Wikidata

Zahn Tokiya-ku McClarnon, nado en Denver o 24 de outubro de 1966, é un actor nativo americano (hunkpapa lakota) máis coñecido polo seu traballo en producións de televisión. Saltou á fama por primeira vez con papeis secundarios clave como o xefe da policía tribal Mathias en Longmire (2012–17), Hanzee Dent na segunda tempada de Fargo (2015), Toshaway en The Son (2017–19), e Akecheta na segunda tempada de Westworld (2018). Dende 2022, interpreta o papel principal como Joe Leaphorn en Dark Winds, na cal é produtor executivo.[1]

Outros papeis salientables de McClarnon son William Lopez nas series de Marvel Hawkeye (2021) e Echo (2024), o oficial Big en Reservation Dogs (2021–23), e a voz de Olrox en Castlevania: Nocturne (2023–presente).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Zahn Tokiya-ku McClarnon[2] naceu en Denver, Colorado, fillo de nai hunkpapa kakota e pai de ascendencia irlandesa.[3] Medrou preto de Browning, Montana, onde o seu pai traballaba no Parque Nacional Glacier para o Servizo Nacional de Parques.[4] Visitaba a miúdo a reserva india de Blackfeet, onde crecera a súa nai, e a miúdo quedaba cos seus avós maternos os fins de semana e para visitas máis longas. A súa nai vivía na reserva india de Rosebud en Dacota do Sur. Cando o seu pai foi trasladado a Omaha, Nebrasca, por traballo, a familia viviu nos barrios de Joslyn Castle e Dundee.[4] McClarnon has a brother.

McClarnon tamén medou en Nebrasca, Dacota do Norte, Dacota do Sur, Minnesota, Wyoming, Ohio e Montana, e afirmou que a súa infancia foi "dura".[5][6]

En 1985, McClarnon graduouse na Omaha Central High School. Recoñeceu á súa profesora de teatro, Peggy Stommes, como unha grande influencia.[4][7]

  1. Virtue, Graeme (18 de outubro de 2023). "Dark Winds review – this brooding Navajo murder mystery begs to be binged". The Guardian. Consultado o 1 de maio de 2024. 
  2. Modelo:Cite podcast
  3. Pond, Roscoe (7 de xullo de 2003). "Zahn McClarnon, more than just Indian and Irish". Indian Country Today. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2017. Consultado o 17 de abril de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Mertes, Micah (10 de abril de 2017). "In AMC's 'The Son,' Omaha-raised actor graduates to playing a patriarchal role". Omaha World-Herald. 
  5. Tobias, Scott (14 de decembro de 2015). "Zahn McClarnon on 'Fargo' and What Makes Hanzee Tick". The New York Times. 
  6. Fienberg, Daniel (14 de decembro de 2015). "'Fargo' Finale: Zahn McClarnon on Hanzee's Future and the Season 1 Easter Egg". The Hollywood Reporter. 
  7. "O-Book '85" (PDF). Omaha Central High School Archives. 1985. p. 44. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de abril de 2017. Consultado o 17 de abril de 2017.