Zacarías, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zacarías, papa
00Zaccaria Papa.jpg
Zacarías
Alcume San Zacarías
Nacemento 679
  Calabria
Falecemento 15 de marzo de 752
  Roma
Relixión catolicismo
Ocupación clérigo, sacerdote e escritor
Período 741 a 752
Coñecido/a por ser o papa n° 91 da igrexa católica
Organización Igrexa católica
Cargos Bispo de Roma
editar datos en Wikidata ]
Zacarías

San Zacarías, nado arredor do 679 en Grecia e falecido o 15 de marzo de 752, foi Papa da Igrexa católica (741-752).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sábese pouco da súa vida antes de ser coroado papa. Nos seus primeiros anos de pontificado conseguiu que os longobardos (pobo xermánico que ocupou o norte da península itálica), devolvesen algunhas cidades á Igrexa.

Fóra da península itálica contribuíu a que Pipino o Breve destronara a Khilderico III, último rei merovinxio. En efecto, Pipino, Mordomo do Pazo, era o home forte que gobernaba na práctica o pobo franco, e Khilderico III o rei débil chamado a dar fin á liñaxe de Clodoveo. En tal situación, para lexitimar a súa planeada usurpación do trono, Pipino realizou ó Papa unha comprometedora consulta cargada en aparencia de inxenua busca da ortodoxa conduta: Quen debía ser o rei dos francos: o que exercía na práctica a realeza, ou quen a ostentaba nominalmente? O Papa resolveu a cuestión con este veredicto: «Quen o é de feito, séxao de dereito».

Así naceu unha forte relación de vínculos políticos e relixiosos entre o Papado e a dinastía Carolinxia, fundada por Pipino. Zacarías enviou ó arcebispo Bonifacio para que coroase a Pipino, rei dos francos, no seu nome.

A súa festividade celébrase o 5 de marzo.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.