Yvonne Rainer
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de novembro de 1934 (90 anos) San Francisco, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Campo de traballo | Danza, Coreografía, cine e literatura |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
Ocupación | directora de cinema, videógrafa, cineasta, artista conceptual, bailarina, guionista, coreógrafa, artista |
Membro de | |
Movemento | Arte feminista (pt) |
Profesores | Martha Graham |
Representante | Video Data Bank (en) |
Participou en | |
16 de xuño de 2007 | documenta 12 (en) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | UbuWeb Obálky knih, Concise Dictionary of Women Artists (en) |
|
Yvonne Rainer, nada en San Francisco o 24 de novembro de 1934 é unha bailarina, coreógrafa e cineasta experimental estadounidense.[1][2] A súa obra cualificouse como arte minimalista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Rainer naceu en San Francisco, California. A súa nai era unha estenógrafa de Brooklyn descendente de inmigrantes xudeus de Varsovia, e o seu pai, albanel e pintor de casas, naceu no norte de Italia, de onde emigrou aos Estados Unidos con 21 anos.[3] Despois de estar un ano no San Francisco Junior College e formarse no Martha Graham Center of Contemporary Dance,[2] Rainer deuse a coñecer como unha figura destacada no movemento Judson Dance Theater, un grupo de bailaríns e artistas que facían actuacións que cruzaban con fluidez os campos da danza e das artes visuais.
En 1975, comezou a centrarse principalmente na realización de filmes de media e longa duración, nas que inverte os códigos narrativos. Os seus filmes tomaron despois despois un xiro claramente feminista, explorando temas como o terrorismo (Journeys from Berlin/1971, 1980), a menopausia (Privilege, 1990) e a doenza (MURDER and murder, 1996). Entre 2000 e 2006, Rainer regresou á coreografía e continuou a producir obras provocativas e sorprendentes.[1]
Recoñecemento
[editar | editar a fonte]En 1990, Rainer recibiu un premio do MacArthur Fellows Program polas súas contribucións á danza.[4] En 2015 recibiu o premio Merce Cunningham da Foundation for Contemporary Arts.[5] En 2017 outorgóuselle un USA Grant. Tamén recibiu dous Guggenheim Fellowships (1969,1988).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Yvonne Rainer". Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona. Consultado o 9 de outubro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Yvonne Rainer" (en inglés). La fondation Daniel Langlise. Consultado o 9 de outubro de 2018.
- ↑ Roy, Sanjoy (24 de decembro de 2010). "Step-by-step guide to dance: Yvonne Rainer". The Guardian (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2018.
- ↑ "Fellows", MacArthur Foundation, consultado o 3 de novembro de 2014.
- ↑ "Foundation for Contemporary Arts announces Inaugural Merce Cunningham Award Recipient for 2015" (PDF). Foundation for Contemporary Arts. Consultado o 8 de marzo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Yvonne Rainer |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Anon (2018). "Artist, Curator & Critic Interviews". !Women Art Revolution - Spotlight at Stanford (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2018. Consultado o 23 de agosto de 2018.
- Atlas, Charles. Yvonne Rainer: Radical Juxtapositions. Philadelphia: University of the arts.
- Lambert, Carrie. "Moving Still: Mediating Yvonne Rainer's Trio A," October 89 (Summer 1999): 87-112.
- Liza Béar, Yvonne Rainer, e Willoughby Sharp. "Yvonne Rainer," Avalanche Magazine 5 (verán de 1972): 46-59.
- Green, Shelley (1994). Radical Juxtaposition. The films of Yvonne Rainer. Nova York: Scarecrow Press Inc. ISBN 0-8108-2863-4.
- Rainer, Yvonne (1974). Work 1961-73. Halifax, Nova Escocia: The Press of the Nova Scotia College of Art and Design, e Nova York: New York University Press. ISBN 0-919616-04-6.
- Rainer, Yvonne (1999). A Woman Who ... Essays, Interviews, Scripts. Baltimore, Maryland: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-6078-4.
- Rainer, Yvonne (2006). Feelings Are Facts: A Life. Cambridge, Massachusetts e Londres: The MIT Press. ISBN 0-262-18251-3.
- Broude, Norma (1994). The Power of Feminist Art. Nova York: Harry N. Abrams, Inc. ISBN 0-8109-2659-8.
- Rainer, Yvonne (2011). Poems. Nova York: Badlands Unlimited. ISBN 978-1-936440-10-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Yvonne Rainer's Trio A on MoMA Learning
- Yvonne Rainer's Kristina Taking Pictures on MoMA Learning
- HOW TO SEE | Judson Dance Theater: The Work Is Never Done featuring Yvonne Rainer
- Yvonne Rainer and other artists interviewed for MoMA Audio: Judson Dance Theater: The Work is Never Done, 2017
- Yvonne Rainer: The Concept of Dust--or How do you look when there's nothing left to move?, MoMA
- Biography on sensesofcinema.com. By Erin Brannigan.
- Review of Feelings Are Facts, by Daniel Ross.
- Conceptual Paradise
- "Step-by-step guide to dance: Yvonne Rainer"
- Archival footage of Yvonne Rainer's Debate 2002 and Three Seascapes in 2002 at Jacob’s Pillow Dance Festival.
- Yvonne Rainer gives a lecture at MIT. She discusses and shows video excerpts of works made after 2000.