Yuri Andrujovich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yuri Andrujovich
Nacemento13 de marzo de 1960
Lugar de nacementoIvano-Frankivsk
NacionalidadeUnión Soviética e Ucraína
Alma máterInstituto de Literatura Maxim Gorki e Ukrainian Academy of Printing
Ocupaciónescritor, poeta, tradutor e ensaísta
FillosSofia Andrukhovych
PremiosHerder Prize, Hannah Arendt Prize, Antonovych prize, Medalla Goethe, Leipzig Book Award for European Understanding e Golden Writers of Ukraine
Na rede
Musicbrainz: 6a1b1fba-1a18-46a7-b382-e2df0136e981 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Yuri Andrujóvich (en ucraíno: Ю́рій І́горович Андрухо́вич), nado en Stanislav, Ucraína o 13 de marzo de 1960, é un escritor ucraíno, xornalista e tradutor, que se destacou polas súas novelas, poemas e ensaios.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou xornalismo no Instituto de Poligrafía de Ucraína en Lviv, onde se diplomou en 1982; posteriormente terminou tamén os Cursos Superiores Literarios do Instituto de Literatura Maksim Gorki de Moscova (1991).

Fixo o servizo militar no exército soviético en 1983-84 e esa experiencia foi reflectida máis tarde nos seus contos.

Comezou a súa carreira literaria con poesías que apareceron en diversas revistas e o primeiro libro que publicou foi un poemario —Небо і площі (en galego, Ceo e nubes)—, en 1985. Ese mesmo ano cofunda, cos escritores Víctor Neborak e Oleksandr Irvanets, o grupo poético BuBaBu —cuxas siglas están tomadas das primeiras sílabas das palabras ucraínas para "Bufonería", "Farsa" e "Burlesco"—, do que é considerado patriarca. En 1987 saíu o seu primeiro libro de narrativa, unha recompilación de contos, e en 1992 publicou a súa primeira novela.

Aínda que promotor da lingua e identidade ucraína, non se lle adoita considerar dentro dos nacionalistas. En entrevistas, proclamou que respecta tanto o ruso como o ucraíno no seu país e autotraduciuse ao ruso.

Foi vicepresidente da Asociación de Escritores Ucraínos desde a súa fundación en 1997 —como alternativa á Unión de Escritores de Ucraína, de tradición soviética— até o ano 2000.

As súas obras foron traducidas a numerosos idiomas.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Небо і площі, poemario, 1985 (Ceo e nubes)
  • Зліва, де серце, contos, 1987 (Á esquerda, onde está o corazón)
  • Середмістя, poemario, 1989 (O centro da cidade)
  • Екзотичні птахи і рослини, poemario, 1991 (Aves e plantas exóticas)
  • Рекреації, novela, 1992 (Recreacións)
  • Московіада, novela, 1993 (Moscoviada)
  • Перверзія, novela, 1996 (Perversión)
  • Екзотичні птахи і рослини з додатком «Індія»: Колекція віршів, poemario, 1997 (Aves e plantas exóticas co engadido de India: colección de poemas)
  • Дезорієнтація на місцевості, ensaios, 1999 (Desorientación de lugar)
  • Моя Європа, ensaio, 2000 (A miña Esuropa)
  • Центрально-східна ревізія, ensaios, 2000 (Revisión central-europea)
  • Дванадцять обручів, novela, 2003 (Doce aneis)
  • Пісні для мертвого півня, poemario, 2004 (Cantos para o galo morto)
  • Диявол ховається в сирі, ensaios, 2006 (O diaño escóndese no queixo)
  • Таємниця. Замість роману, novela, 2007 (Misterio. En lugar dunha novela)

Traducións[editar | editar a fonte]

Traduciu a Shakespeare e a autores alemáns, estadounidenses e rusos. Traduciu do polaco, entre outros, a poesía de Czesław Milosz , así como aos escritores Tadeusz Konwicki e Bruno Schulz.

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

  • Premio Blahovist 1993
  • Premio da Fundación Helen Shcherban-Lapika 1996 (xunto co resto de poetas do grupo BuBaBu e a Oksana Zabuzhko)
  • Premio da revista literaria Suchasnist 1997
  • Premio Lesia & Petró Kovalev 1998
  • Premio Herder 2001
  • Premio da Paz Erich Maria Remarque 2005
  • Premio Angelus de Literatura Centroeuropea 2006 (Polonia) por Doce anillos
  • Premio ó Acercamento Europeo 2006 (Leipzig) por Дванадцять обручів (en galego, Doce aneis)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]