Saltar ao contido

Yu-Gi-Oh! Duel Monsters

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Yu-Gi-Oh! Duel Monsters
 Título
    遊☆戯☆王デュエルモンスターズ (ja) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
 Instancia de
Características
 Formato de distribución
 Universo ficticio
 Franquía de medios
 Obra derivada
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Compositor/a
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
18 de abril de 2000 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
29 de setembro de 2004 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de episodios
   224 Editar o valor en Wikidata
 Número de tempadas
   5 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/04hs7d Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt0247902 Netlix: 70177034 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Yu-Gi-Oh! Duel Monsters (遊☆戯☆王デュエルモンスターズ Yūgiō Dyueru Monsutāzu?) é un anime xaponés animado por Studio Gallop. Baséase na serie de manga Yu-Gi-Oh!, escrito por Kazuki Takahashi. É a segunda adaptación anime da serie manga, despois da serie de 1998 producida por Toei Animation e comeza coa historia arco do Reino de Duelistas. Ó igual que o manga e a primeira serie anime, conta a historia dun rapaz chamado Yugi Mutou, quen loita contra rivais en diferentes xogos. Nesta versión anime, o principal xogo é o xogo de cartas Duelo de Monstros.

A serie emitiuse orixinalmente no Xapón na canle TV Tokyo dende abril de 2000 até setembro de 2004, cun total de 224 episodios. Unha versión remasterizada, que se centra principalmente nos duelos, comezou a emitirse no Xapón en febreiro de 2015.[1] A serie expandiuse cunha miniserie spinoff titulada Yu-Gi-Oh! Capsule Monsters, ambientada entre o Grand Championship e o Dawn of the Duel na tempada 5, e que só foi estreada na versión inglesa, así como outras cinco series spinoff: Yu-Gi-Oh! GX, Yu-Gi-Oh! 5D's, Yu-Gi-Oh! Zexal, Yu-Gi-Oh! Arc-V e Yu-Gi-Oh! VRAINS. Baseándose no éxito da serie, 4Kids (agora Konami Cross Media NY) tamén encargou tres filmes animados: Yu-Gi-Oh! The Movie: Pyramid of Light, Yu-Gi-Oh!: Bonds Beyond Time e Yu-Gi-Oh!: The Dark Side of Dimensions.[2]

  1. "2016 Yu-Gi-Oh! Film Teaser Recaps 20 Years of Manga, Anime". animenewsnetwork.com.
  2. "Yu-Gi-Oh! The Movie Pyramid of Light". YuGiOh! World (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2018.