Youri Tielemans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Youri Tielemans
Tielemans con Bélxica en 2018.
Información persoal
Nome Youri Marion A. Tielemans
Nacemento 7 de maio de 1997 (26 anos)
Lugar de nacemento Sint-Pieters-Leeuw
Altura 1,76 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Leicester City
Número 8
Carreira xuvenil
2002–2013 Anderlecht
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2013–2017 Anderlecht 139 (26)
2017–2019 Monaco 47 (5)
2019Leicester City (cedido) 13 (3)
2019– Leicester City 19 (3)
Selección nacional
2012–2013 Bélxica sub-15 4 (2)
2012–2013 Bélxica sub-16 10 (8)
2013–2016 Bélxica sub-21 14 (6)
2016– Bélxica 28 (2)
Na rede
Twitter: ytielemans Instagram: youritielemans FIFA: 401444 UEFA: 250064006 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 26 de decembro de 2019.
Selección: actualizado a 20 de novembro de 2019.editar datos en Wikidata ]

Youri Marion A. Tielemans, nado o 7 de maio de 1997 en Sint-Pieters-Leeuw, é un futbolista belga. Xoga de centrocampista e o seu actual club é o Leicester City FC da Premier League inglesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En xullo de 2013 fixo o seu debut coma profesional no RSC Anderlecht belga, na derrota por 2-3 contra o KSC Lokeren na primeira xornada de liga.[1] O 2 de outubro de 2013 converteuse no xogador belga máis novo en debutar na Liga de Campións da UEFA, saíndo coma titular contra o Olympiacos FC á idade de 16 anos e 148 días.[2]

O 24 de maio de 2017, Tielemans fichou polo AS Monaco da Ligue 1 francesa a cambio de 25 millóns de euros, asinando un contrato por cinco anos.[3]

O 31 de xaneiro de 2019, Tielemans foi cedido ó Leicester City FC da Premier League inglesa ata o remate da tempada.[4] O 8 de xullo de 2019, Tielemans asinou un contrato de catro anos co Leicester City, tras pagar o club inglés 40 millóns de euros ó Monaco.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lokeren smeert jong Anderlecht al nederlaag aan". Sporza. 28 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2016. Consultado o 24 de decembro de 2016.  Arquivado 25 de decembro de 2016 en Wayback Machine.
  2. Scholten, Berend (14 de febreiro de 2015). "UEFA.com's weekly wonderkid: Youri Tielemans". UEFA.com (Union of European Football Associations). Consultado o 6 de maio de 2015. 
  3. "Officieel: Youri Tielemans tekent contract tot 2022 bij Franse kampioen Monaco" [Official: Youri Tielemans signs contract until 2022 with French champion Monaco]. HLN. 24 de maio de 2017. Consultado o 24 de maio de 2017. 
  4. "Youri Tielemans Joins On Loan As Adrien Silva Heads To Monaco". Leicester City F.C. 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2019. 
  5. Cooper, Barry; Davies, Matt; Kemble, Jamie (8 de xullo de 2019). "City transfer news live - Youri Tielemans officially signs". Leicester Mercury. Consultado o 8 de xullo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]