Saltar ao contido

Yoshihiro Togashi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaYoshihiro Togashi
Biografía
Nacemento27 de abril de 1966 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Prefectura de Yamagata, Xapón Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Yamagata Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista gráfico Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeNaoko Takeuchi Editar o valor en Wikidata
IrmánsTogashi Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1210942 Allmovie: vn16220807
Twitter: Un4v5s8bgsVk9Xp BNE: XX1477662 WikiTree: 富樫-2 Tebeosfera: togashi_yoshihiro Editar o valor en Wikidata

Yoshihiro Togashi (en xaponés: 冨樫 義博, Togashi Yoshihiro), nado o 27 de abril de 1966, é un mangaka xaponés. Comezou a debuxar manga dende moi novo, até que o seu talento chamou a atención da editorial Shueisha cando estudaba na universidade. Togashi creou varias series en diversos xéneros; porén, é coñecido como autor de Yu Yu Hakusho (1990-1994) e Hunter × Hunter (1998-actualidade), que se atopan entre as obras de manga máis vendidas da historia. Casou coa mangaka Naoko Takeuchi, autora de Sailor Moon.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e educación

[editar | editar a fonte]

Yoshihiro Togashi naceu en Shinjō, na prefectura de Yamagata.[1] Os seus pais tiñan unha tenda de papelería. Comezou a debuxar por afección no segundo curso da primaria.[1] No instituto, uniuse a un club de belas artes.[1] Posteriormente, ingresou na Universidade de Yamagata, matriculándose en Educación coa intención de converterse en profesor.[1] Durante a súa etapa na universidade, entregou algúns dos seus traballos á revista Shōnen Jump, de Shueisha. En 1986, aos 20 anos, recibiu o premio Tezuka, o máis prestixioso de banda deseñada para artistas novos do Xapón, por Buttobi straight (en xaponés: ぶっとびストレート). Outra das súas obras, Jura no Mizuki (en xaponés: ジュラのミヅキ), foi finalista do Hot Step Award Selection. Tras abandonar as súas aspiracións á docencia, entrou en contacto co editor da Shōnen Jump, quen o convenceu para trasladarse a Tōkyō durante o seu último ano na universidade.[1]

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

A primeira obra de Togashi publicada por Shueisha foi Ōkami nante kowakunai!! (en xaponés: 狼なんて怖くない!!; en galego: Non lle teño medo ao lobo!), unha escolma de historias curtas de humor. Algunhas delas apareceran xa na Shōnen Jump en 1989. Entre 1989 e 1990, Togashi escribiu Ten de shōwaru cupid (en xaponés: てんで性悪キューピッド; en galego: Un cupido con mal xenio no ceo), un manga romántico en catro volumes, que narra a relación entre un rapaz humano e unha fermosa diaba.

En 1990, Togashi colleu sona pola súa serie Yu Yu Hakusho (en xaponés: 幽☆遊☆白書; lit. "Informe poltergeist"). Está baseada no seu interese polo oculto e as películas de terror; a historia está protagonizada por Yusuke Urameshi, un rapaz que foi asasinado e devolto á vida como "detective do inframundo". O manga, cun total de 175 capítulos en 19 volumes, foi publicado entre 1990 e 1994, chegando a vender máis de 78 millóns de exemplares en todo o mundo. Yu Yu Hakusho recibiu o premio de manga Shogakukan en 1994; posteriormente, foi adaptada ao anime. En 1995, creou Level E (en xaponés: レベルE), unha comedia de ciencia ficción. Con tan só tres volumes, saíu na Shōnen Jump entre 1995 e 1997. En 2011, estreouse unha versión animada.

A súa seguinte obra importante foi Hunter × Hunter, que saíu do prelo por primeira vez en 1998. Conta a vida de Gon Freecss, un rapaz que anda á procura do seu pai, un lendario membro da sociedade de "cazadores". O manga foi un éxito de vendas, cos primeiros vinte volumes acadando os 55 millóns de copias no Xapón (agosto de 2011). A data de xullo de 2022, vendeu uns 84 millóns de exemplares. En 2008, Togashi empatou con Eiichiro Oda, autor de One Piece, como o quinto mangaka favorito dos xaponeses segundo unha enquisa de Oricon.

En 2017, escribiu o guión dun manga de dous capítulos titulado Akuten Wars (en xaponés: 悪天ウォーズ), ilustrado por Hachi Mizuno.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Fujie & Wyman 2005, pp. 11-12.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fujie, Kazuhisa; Wyman, Walt (2005). Yu Yu Hakusho Uncovered: The Unofficial Guide. DH Publishing.