Saltar ao contido

Yoon Suk Yeol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaYoon Suk Yeol

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ko) 윤석열
(ko) 尹錫悅 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de decembro de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Seodaemun, Corea do Sur Editar o valor en Wikidata
Presidente de Corea do Sur
10 de maio de 2022 –
← Moon Jae-in
Fiscal Xeral de Corea do Sur
25 de xullo de 2019 – 4 de marzo de 2021 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Ideoloxía políticaConservadorismo Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Educacióninstituto Choongam
Universidade Nacional de Seúl Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfiscal, avogado, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido do Poder Popular (2021–) Editar o valor en Wikidata
Participou en
3 de decembro de 2024Lei marcial de Corea do Sur en 2024
16 de xaneiro de 2023Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2023 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeKim Keon-hee (2012–) Editar o valor en Wikidata
PaisYoon Ki-jung Editar o valor en Wikidata  e Choi Seong-ja Editar o valor en Wikidata
ParentesLee Bong-mo, tío avó Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
3 de decembro de 2024-4 de decembro de 2024Lei marcial de Corea do Sur en 2024
3 de decembro de 2024crise política surcoreana de 2024
20 de febreiro de 2024folga médica de Corea do Sur de 2024
escándalo de manipulación da opinión pública por parte do Servizo de Intelixencia Nacional de 2012 Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm13471861 Facebook: sukyeol.yoon Instagram: sukyeol.yoon Youtube: UCcl16CxYqlbKQJVCfdhSJVw WikiTree: Yoon-44 Editar o valor en Wikidata

Yoon Suk Yeol, en hangul 윤석열, en hanja 尹錫悅, nado en Seúl o 18 de decembro de 1960, é un político surcoreano e antigo fiscal. Yoon é o 13º presidente de Corea do Sur desde 2022. Foi fiscal xeral de Corea do Sur de 2019 a 2021. Como fiscal xefe de Corea do Sur, Yoon foi decisivo para declarar culpábel a expresidenta Park Geun-hye de abuso de poder.[1] En decembro de 2024 declarou a lei marcial durante un discurso nocturno, acusando o principal da oposición do país de apoiar Corea do Norte e "actividades antiestatais".[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1979 rematou a educación secundaria na escola Chungam en Seúl, e en 1983 graduouse na Universidade Nacional de Seúl cunha licenciatura en Dereito. Despois realizou traballos de posgrao na mesma universidade, obtendo un mestrado na Facultade de Dereito en 1988. Ingresou no colexio de avogados en 1991.

De 1994 a 2001 traballou nas oficinas dos fiscais de distrito de Daegu, Seúl e Busan. En 2008 Yoon converteuse no fiscal xefe da sucursal de Nonsan da Fiscalía do Distrito de Daejeon. De 2009 a 2011 traballou na Fiscalía Suprema.[2] En 2013 ascendeu a fiscal xefe da sucursal de Yeoju da Fiscalía do Distrito de Suwon, onde dirixiu unha investigación especial sobre un caso de fraude de opinión que implicaba ao Servizo Nacional de Intelixencia.[2] Entre 2014 e 2016 traballou nas oficinas do fiscal superior en Daegu e Daejeon.[2]

En 2016, dirixiu a investigación especial sobre o escándalo de corrupción da presidenta Park Geun-hye, que finalmente levou á súa destitución. En 2017 converteuse no xefe da Fiscalía Central de Seúl,[2] e en 2019 foi nomeado fiscal xeral da nación. Renunciou a ese posto en marzo de 2021.[2]

Presidencia, desde 2022

[editar | editar a fonte]

Yoon foi o candidato para presidente do partido conservador Popular nas eleccións de 2022.[3] Derrotou a Lee Jae-myung por unha pequena cantidade de votos e foi elixido presidente o 9 de marzo de 2022.

O 20 de marzo de 2022 anunciou que faría a súa oficina presidencial no edificio do Ministerio de Defensa Nacional no distrito de Yongsan, Seúl, en lugar da Casa Azul, que abriu como parque público o 10 de maio de 2022.[4] Na súa toma de posesión dixo que apoiaría as conversas con Corea do Norte, aínda que as cualificou de ameaza debido á recente actividade de proba de mísiles.

A finais de xullo de 2022 Yoon dixo que quería crear unha "oficina de policía" para que o seu goberno puidese ter un mellor control sobre a policía no país.[5] Moitos policías e xefes non apoiaron isto e protestaron pola decisión, e Yoon ameazou con despedilos e metelos no cárcere.[6] O índice de aprobación de Yoon baixou a menos do 30 por cento en xullo de 2022, despois de tres meses no cargo, debido á crecente inflación do país.[7]

En decembro de 2024 Yoon declarou a lei marcial durante un discurso nocturno, acusando ao principal Partido Demócrata da oposición do país de apoiar a Corea do Norte e "actividades antiestatais".[2] É a primeira vez que se declara a lei marcial desde a ditadura militar de Chun Doo-hwan en 1980.[1][8]

A Asemblea Nacional aprobou unha resolución que puxo fin ao decreto e pouco despois presentou unha moción para iniciar un proceso de destitución contra Yoon.[9]

Polémicas

[editar | editar a fonte]

Yoon Suk-yeol acudiu á sétima reunión de compromiso financeiro do Fondo Mundial organizada por Joe Biden e coñeceuno alí. Yoon Suk-yeol falou con Biden só 1 minuto. Moita xente criticou a Yoon Suk-yeol, porque gastou un millón de dólares para coñecelo pero non fixo nada unha vez alí. O presidente quedou por debaixo das expectativas da xente que esperaba que solucionase os problemas da falta de subvención ao coche eléctrico coreano e á man de obra económica.

Ademais, Yoon Suk-yeol foi filmado maldicindo a Joe Biden á saída da 7ª Reunión de Compromiso Financeiro do Fondo Mundial organizada polo goberno dos EUA, e converteuse nun foco de polémica.[4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Yoon casou con Kim Keon-hee en 2012.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]