Saltar ao contido

Yokosuka P1Y

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yokosuka P1Y
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Implicados
 Operador/a
 Desenvolvedor/a
Características
 Total producido
1098 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Retiro do servizo
1945 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
agosto de 1943 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Identificadores
Freebase/m/04br98 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Yokosuka P1Y Ginga (en xaponés vía láctea) foi un bombardeiro xaponés da segunda guerra mundial. Foi deseñado como bombardeiro de gran velocidade, pero tamén se usou como caza nocturno, avión de recoñecemento e torpedeiro. Voou por primeira vez en agosto de 1943. O seu alcume por parte dos aliados foi "Frances".

Foi deseñado polo arsenal de Yokosuka segundo especificacións da armada pedindo unha velocidade coma a do Zero, un alcance coma a do G4M, 907 quilos de bombas, e a habilidade de bombardeo en picado, así como a capacidade para levar torpedos. Como resultado o seu deseño foi complexo, foi difícil de fabricar e as súas prestacións en servizo foron pobres. Problemas co motor Nakaima Homare acelerou a súa substitución polo Mitsubishi Kasei.