Yogi Ferrell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Yogi Ferrell
Yogi Ferrell (cropped).jpg
Cleveland Cavaliers – No. 5
Base
Información persoal
Nacemento 9 de maio de 1993 (28 anos)
Flag of Indiana.svg Greenfield, Indiana
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,83 m (6 ft 0 in)
Peso oficial 83 kg (182 lb)
Información da carreira
Instituto Park Tudor (Indianápolis, Indiana)
Universidade Indiana (2012–2016)
NBA Draft 2016 / Elección: Sen draftear
Carreira dende 2016
Historial de equipos
Brooklyn Nets (2016)
Long Island Nets (2016)
Long Island Nets (2016–2017)
Dallas Mavericks (2017–2018)
Sacramento Kings (2018–2020)
Cleveland Cavaliers (2021–presente)

Kevin Duane "Yogi" Ferrell Jr., nado o 9 de maio de 1993 en Greenfield, Indiana, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA). Con 1,83 metros de estatura xoga na posición de base.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Tras non ser escollido no Draft da NBA de 2016, Ferrell uniuse ós Brooklyn Nets para a Liga de Verán da NBA de 2016.[1] En catro partidos cos Nets, acadou 8.8 puntos, 1.8 asistencias e 1.5 rebotes en 17 minutos por encontro. O 5 de agosto de 2016, Ferrell asinou cos Nets.[2] Tras xogar en tres partidos de pretempada, foi cortado polos Nets o 21 de outubro de 2016.[3]

O 1 de novembro de 2016, Ferrell asinou cos Long Island Nets, afiliado dos Brooklyn Nets na NBA Development League.[4] O 9 de novembro de 2016, Ferrell volveu a Brooklyn, e debutou na NBA esa mesma noite, facendo 5 puntos, 3 rebotes e unha asistencia na derrota por 110–96 contra os New York Knicks.[5] Tras disputar dez partidos cos Nets, foi cortado de novo o 9 de decembro de 2016.[6]

O 28 de xaneiro de 2017, Ferrell asinou un contrato de dez días cos Dallas Mavericks.[7] O 7 de febreiro de 2017, asinou un contrato por varios anos cos Mavericks.[8]

O 23 de xullo de 2018, Ferrell asinou un contrato de dous anos cos Sacramento Kings.[9] O 18 de decembro de 2020, Ferrell asinou cos Utah Jazz,[10] pero foi cortado o día seguinte.[11]

O 11 de xaneiro de 2021, Ferrell asinou cos Cleveland Cavaliers un contrato de dez días.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bozich, Alex (24 de xuño de 2016). "Yogi Ferrell signs summer league deal with the Brooklyn Nets". insidethehall.com. Consultado o 27 de xullo de 2016. 
  2. "Brooklyn Nets Sign Beau Beech, Yogi Ferrell, and Egidijus Mockevicius". NBA.com. 5 de agosto de 2016. Consultado o 5 de agosto de 2016. 
  3. "Brooklyn Nets Waive Yogi Ferrell". NBA.com. 21 de outubro de 2016. Consultado o 21 de outubro de 2016. 
  4. "Long Island Nets Announce Training Camp Roster". NBA.com. 1 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2016. Consultado o 1 de novembro de 2016. 
  5. "Nets vs. Knicks – Box Score". ESPN.com. 9 de novembro de 2016. Consultado o 9 de novembro de 2016. 
  6. "Brooklyn Nets Waive Yogi Ferrell". NBA.com. 8 de decembro de 2016. Consultado o 8 de decembro de 2016. 
  7. "Mavericks Sign Yogi Ferrell To 10-Day Contract". NBA.com. 28 de xaneiro de 2017. Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  8. "Mavs sign Yogi Ferrell to multiyear deal after dazzling start". IndyStar.com. 7 de febreiro de 2017. Consultado o 7 de febreiro de 2017. 
  9. "Kings Sign Yogi Ferrell". NBA.com. 23 de xullo de 2018. Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  10. "Jazz Sign Yogi Ferrell and Malcolm Miller". NBA.com. 18 de decembro de 2020. Consultado o 19 de decembro de 2020. 
  11. "Jazz Waive Yogi Ferrell and Malcolm Miller". NBA.com. 19 de decembro de 2020. Consultado o 19 de decembro de 2020. 
  12. "Cavaliers Sign Yogi Ferrell to 10-Day Contract". NBA.com. 11 de xaneiro de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]