Saltar ao contido

Yoel Lago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaYoel Lago Amil
Biografía
Nacemento25 de marzo de 2004
Mondariz
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa
Membro do equipo deportivoCelta Fortuna

Yoel Lago Amil, nado en Mondariz o 25 de marzo de 2004, é un futbolista galego que xoga como defensa central ou centrocampista no Real Club Celta de Vigo "B" da Primeira Federación.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado no lugar de Quintáns, en Mondariz, uniuse ao fútbol base do RC Celta de Vigo en 2016 tras xogar no Porriño Industrial FC e no Mondariz FC. Debutou co filial o 25 de setembro de 2021 ao entrar como suplente nos minutos finais dunha derrota por 1-0 fronte ao CD Calahorra na Primeira División RFEF.

En 2023, tras finalizar a súa etapa formativa, é inscrito no Gran Peña, que por aquel entón funcionaba como equipo C do club, baixo a denominación de Celta C-Gran Peña, na Terceira Federación, aínda que nunca chegou a disputar ningún partido, ao consolidarse como un xogador habitual do filial. Logrou debutar co primeiro equipo o 26 de maio de 2024 ao partir como titular nun empate por 2-2 fronte ao Valencia CF na Primeira División[1].

Actualizado co último partido disputado o 19 de xaneiro de 2025 .

Club País Ano Partidos Goles
RC Celta Fortuna Galicia Galicia 2021-act. 52 0
RC Celta de Vigo Galicia Galicia 2024-act. 3 0
  1. "Javi Rueda e Yoel Lago estreáronse co primeiro equipo.". rccelta.es. Consultado o 19 de xaneiro de 2025.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]