Yo, minoría absoluta
| Yo, minoría absoluta | |
|---|---|
| Extremoduro | |
|
Título
| |
|
Instancia de
| |
|
Parte de
| |
|
Forma artística
| |
|
Xénero
| |
|
Lingua
| |
| Autoría | |
|
Interpretado por
| |
| Publicación | |
|
Data de publicación
| |
|
Lugar de publicación
| |
|
Produtor/a
| |
|
Selo discográfico
| |
|
Formato de distribución
| |
| Dimensións | |
|
Número de partes
| |
| Fontes e ligazóns | |
| Wikidata |
Yo, minoría absoluta é o oitavo álbum de estudio do grupo estremeño de rock Extremoduro, gravado e producido por Iñaki "Uoho" Antón e publicado por DRO no 2002.
Tras un descanso discográfico de catro anos desde Canciones prohibidas, publicado no 1998, Extremoduro publicou no 2002 un novo disco que foxe da artificiosidade e os complicados arranxos, seccións de corda e vento incluídas, deste último. Con Yo, minoría absoluta o grupo volve ao rock duro que lle caracterizou durante toda a súa traxectoria musical. Á hora de publicalo, Roberto Iniesta, líder de Extremoduro, cualificouno como O mellor álbum que (Iniesta, como compositor) fixo nunca.
Orixinalmente o álbum foi publicado co formato de CD máis DVD; mentres que o primeiro incluía o disco en si, o segundo contiña dous videoclips correspondentes a dous temas do disco e cinco temas gravados en directo.
O público, despois da menor aceptación de Canciones prohibidas, si recibiu de bo grado o novo disco, do que saíron algúns himnos para o grupo que confirmaron que a banda non perdera fol co paso do tempo. Destacan principalmente A fuego, La vereda de la puerta de atrás, Puta e Standby. Esta última posúe a característica, estraña nas cancións de Extremoduro, de narrar unha historia de amor en terceira persoa.
Contido
[editar | editar a fonte]Lista de cancións
[editar | editar a fonte]| Yo, minoría absoluta | |||
|---|---|---|---|
| Nº | Título | Duración | |
| 01 | "A fuego" | 05:26 | |
| 02 | "La vereda de la puerta de atrás" | 04:03 | |
| 03 | "Hoy te la meto hasta las orejas" | 03:43 | |
| 04 | "Standby" | 03:28 | |
| 05 | "Menamoro" | 03:08 | |
| 06 | "Luce la oscuridad" | 03:51 | |
| 07 | "Cerca del suelo" | 04:42 | |
| 08 | "Puta" | 05:38 | |
| 09 | "Buitre no come alpiste" | 04:18 | |
| 10 | "La vieja (canción sórdida)" | 04:42 | |
No cinema
[editar | editar a fonte]Tres cancións do disco, Puta, A fuego e Standby, aparecen no filme La flaqueza del bolchevique (2003) de Manuel Martín Cuenca, que reflicten o estado de ánimo e situacións do protagonista, interpretado por Luís Tosar. No obradoiro desa mesma película tamén soaba Standby.