Piedras Negras (sitio arqueolóxico)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Yo’ki’b»)
Trono 1 de Piedras Negras, no Museo Nacional de Arqueoloxía e Historia de Guatemala.

Piedras Negras é un sitio arqueolóxico da cultura maia, que contén importantes vestixios dunha das cidades máis importantes do clásico maia; aínda que a cerámica atopada aquí demostra que foi ocupada do 700 a. C. ó 820, o seu máximo esplendor desenvolveuse do 600 ó 810.

Piedras Negras é o nome moderno desta cidade maia que foi a máis grande da conca do Usumacinta, e é considerada un dos monumentos culturais máis importantes de Guatemala, malia o seu illamento.

Localización[editar | editar a fonte]

Piedras Negras pertence ás cidades da Conca do Usumacinta e atópase na ribeira dereita deste río e rodeada de varias antigas cidades maias, como La Joyanca, La Honradez, Pajaral, Zapote Bobal e La Pasadita, entre outras. Atópase no oeste do Petén, Guatemala, no Parque nacional Serra do Lacandón.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O nome "Piedras Negras" débese á cor das pedras usadas na súa construción, o seu nome maia foi Yo’ki’b ("A Entrada" , "O Buraco" ou "A Gran Porta" ). Algúns pensan que este nome se debe a un enorme cenote, agora seco, que foi recentemente descuberto no sitio,