Yehoshafat Harkabi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Yehoshafat Harkabi
Yehoshafat Harkabi.jpg
Nacemento1921
 Haifa
Falecemento26 de agosto de 1994
 Xerusalén
SoterradoMonte Herzl
NacionalidadeIsrael
RelixiónXudaísmo
Alma máterUniversidade Harvard
Ocupaciónescritor, catedrático de universidade, orientalista e oficial
PremiosPrêmio Israel
editar datos en Wikidata ]

Yehoshafat Harkabi, en hebreo: יהושפט הרכבי, nado en Haifa en 1921 e finado en Xerusalén en 1994, foi un escritor e militar israelí.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o xefe da A'man (intelixencia militar) israelí entre 1955 e 1959. Coñecido polo seu cambio de postura ata chegar a avogar pola creación dun estado palestino. Logo da súa carreira militar foi profesor visitante da Universidade de Princeton e director do Instituto Leonard Davis de Relacións Internacionais e Estudos de Medio Oriente na Universidade Hebrea de Xerusalén.