Saltar ao contido

Yeísmo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yeísmo
Imaxe
Zonas con yeísmo, sen yeísmo e mixtas na lingua castelá no Estado español
 Instancia de
Características
 Aspecto de
 Oposto a
lleísmo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/05_jjn Editar o valor en Wikidata
Wikidata
Áreas salientables e distintivas dentro do dominio do español.

O yeísmo é un fenómeno lingüístico da lingua castelá polo cal o dígrafo ll , "L" dobre, co que se representa o fonema /ʎ/ do Alfabeto Fonético Internacional (escrito en galego como ll e en portugués e galego reintegracionista como lh), sofre unha alteración fonética e se pronuncia como y, dando lugar aos fonemas ʝ, j, ɟ, ʒ e ʃ . Estas dúas últimas son pronuncias características do castelán riopratense, especialmente en Buenos Aires e Montevideo e nas súas respectivas áreas de influencia. Aínda que esta variedade recibiu unha forte influencia da inmigración italiana, non existe consenso sobre que esta sexa a orixe desas pronuncias.

Este fenómeno, de posíbel orixe andaluza, está presente actualmente en diversas variantes da lingua castelá, especialmente na América hispana . [1] Aínda que está moi estendido no castelán, o yeísmo non se produce en todas as súas variedades. A distinción entre ⟨ll⟩ e ⟨y⟩ conservouse tradicionalmente en partes de Castela, Navarra, A Rioxa e Aragón, así como nas Filipinas e en certas zonas hispanoamericanas, especialmente en rexións de Colombia, Perú, Bolivia e Paraguai.[1] [2] [3] [4]

Yeísmo rehilado

[editar | editar a fonte]

O chamado yeísmo rehilado é unha realización característica do castelán riopratense, na que o fonema resultante da fusión de /ʎ/ e /ʝ/ se pronuncia como unha consoante fricativa postalveolar, sonora [ʒ] ou xorda [ʃ].[5]

A realización [ʒ] é semellante ao son representado polo grafema ⟨j⟩ en portugués, mentres que [ʃ] se asemella ao representado polo dígrafo ⟨sh⟩ en inglés.

Fenómenos semellantes no galego e no portugués

[editar | editar a fonte]

En diversas variedades do portugués brasileiro, a lateral palatal /ʎ/, representada polo dígrafo ⟨lh⟩, pode realizarse como a semivogal [j]. Este proceso, denominado semivocalización da lateral palatal ou iotacismo, pode reflectirse ocasionalmente na escrita informal en formas como velho > véio, palha > paia e trabalho > trabaio.[6]

A substitución de /ʎ/ por [j] tamén foi descrita no portugués da illa de São Miguel, nos Azores.[7][8]

No Portugal continental e na lingua galega tamén se documenta a substitución da lateral palatal /ʎ/ por unha consoante palatal central, fenómeno que támén é denominado ás veces yeísmo. Con todo, non é estritamente idéntico ao yeísmo castelán, pois no galego tradicional non implica a neutralización dunha oposición fonolóxica entre /ʎ/ e /ʝ/.[9] Estas variacións ás veces foron atribuídas á influencia externa, especialmente do castelán e do asturleonés.[10]

  1. 1 2 Enrique Obediente (1998). Fonética y fonología. p. 398. ISBN 9789801100287.
  2. ↑ "NUEVOS DATOS SOBRE EL YEÍSMO EN ESPAÑA" (PDF). 1964. Consultado o 17 de julho de 2026.
  3. ↑ LIPSKI, John M. "Características lingüísticas del español filipino y del chabacano" (PDF). Consultado o 17 de julho de 2026.
  4. ↑ Cervantes, CVC Centro Virtual. "CVC. Plan Curricular del Instituto Cervantes. 3. Pronunciación y prosodia. Inventario. A1-A2." (en castelán). Consultado o 2026-07-17.
  5. ↑ José Luis Ramírez Luengo, «Un aporte para la datación del yeísmo rehilado en el español del Uruguay», pp. 345–346.
  6. ↑ Santos, Selma Cruz; Oliveira, Alan Jardel de (2024-12-23). "A semivocalização da consoante lateral palatal no falar alagoano". Revista (Con)Textos Linguísticos (en portugués) 18 (41): 8–23. ISSN 1982-291X. doi:10.47456/rctl.v18i41.43545.
  7. ↑ Paula Mendes Costa, Descrição fonológica do crioulo guineense, Universidade Federal de Pernambuco, 2014, p. 109.
  8. ↑ Günter Holtus (1994). Galegisch, Portugiesisch. p. 731. ISBN 9783110939637.
  9. ↑ Elisa Fernández Rei, «O ensino da fonética galega a castelanfalantes: problemas e métodos», pp. 448-449.
  10. ↑ María Teresa Echenique Elizondo (2005). Las Lenguas De Un Reino / The Languages of a Kingdom: Historia Linguistica Hispanica/ Hispanic Linguistic History. p. 535. ISBN 9788424927608.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.