Saltar ao contido

Ydre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaYdre
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 57°49′38″N 15°16′26″L / 57.8272, 15.2739
EstadoSuecia
Condadocondado de Östergötland Editar o valor en Wikidata
CapitalÖsterbymo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación3.626 (2024) Editar o valor en Wikidata (4,66 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie778,62 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 1 de xaneiro de 1971:  (Reforma municipal sueca de 1971) Editar o valor en Wikidata

Sitio webydre.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: Ydre-kommun-716030335138992 Instagram: ydre.kommun LinkedIn: ydre-kommun Youtube: UCbF5Kbfiu6rL_ZxvPwbq9MQ Editar o valor en Wikidata

Ydre é un concello sueco no condado de Östergötland. A súa capital é a localidade de Österbymo.

O concello está no norte da meseta meridional de Suecia, á beira sur do lago Sommen. A situación xeográfica do municipio entre a chaira de Östergötland e a meseta de Småland caracterízan a actividade económica, sendo a súa base a agricultura, a silvicultura e a industria da madeira.

Dende a década dos 90 a tendencia de poboación do concello vén sendo negativa e en decembro de 2024 Ydre tiña 3 626 habitantes,[1] sendo o segundo concello con menos de poboación do país que non se atopa en Norrland.

Historia administrativa

[editar | editar a fonte]

A área do concello correspóndese coa do härad de Ydre que comprendía as parroquias de Asby, Norra Vi, Sund, Svinhult, Torpa e Västra Ryd. Coa reforma municipal de 1982 formáronse nesas parroquias concellos rurais co mesmo nome.

Coa reforma municipal de 1952 os municipios rurais fusionáronse no entón formado concello rural de Ydre.

O actual municipio de Ydre fundouse coa reforma municipal de 1971 a través da transformación do concello rural de Ydre.[2]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello de Ydre limita ao norte co municipio de Boxholm, ao leste co de Kinda, ao sueste co de Vimmerby, ao sur co de Eksjö, e ao oeste cos concellos de Aneby e Tranås.

Topografía e hidrografía

[editar | editar a fonte]

O municipio está situado na parte norte da meseta meridional de Suecia. O leito rochoso forma zonas elevadas constituídas por mesetas debido a fortes fracturas no leito, que está formado principalmente por granito. As mesetas están rodeadas de vales. Nas partes central e suroriental do concello hai esker que marcan depósitos glaciares.

Os lagos glaciares locais formáronse ao derreterse a capa de xeo e as súas costas pódense ver claramente ao redor das praias do lago Sommen. Os bosques de coníferas dominan a parte oriental e suroriental da pasisaxe, mentres que no resto do municipio hai bosques mixtos. Ao norte o concello ten costa cara o Sommen e ao oeste está o lago Östra Lägern. Entre os seus cursos de auga están o Bulsjöån e o Stångån.[3]

Conservación da natureza

[editar | editar a fonte]

En 2025 había 28 reservas naturais no concello de Ydre.[4]

Na paisaxe de val de fractura na zona ao redor do Sommen atópase a reserva natural de Österhult. Atópase entre os 210 e os 245 metros sobre o nivel do mar. Nas partes máis altas medran arandeiras e feo, con elementos de arandeiras rubias, e de especies típicas desas latitudes como a Goodyera repens (da familia das orquídeas) e a Pyrola chlorantha (das ericáceas). Nas partes máis baixas medra a aleluia, a Hepatica nobilis, a Lathraea squamaria, a Actaea spicata, e a Lathyrus vernus.

Entre o lago Solbergasjön e o río Bulsjöån atópase a reserva natural de Kallåns, a través da reserva flúe o río do mesmo nome, considerado un valioso entorno natural. No río hai moita fauna bentónica pouco habitual. O musgo Trichocolea tomentella da lista vermella crece ao redor do río, así como outros tipos de musgos.[5]

  1. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-06. 
  2. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Draking. ISBN 978-91-87784-05-7. 
  3. "Ydre - Uppslagsverk". www.ne.se. Consultado o 2025-03-08. 
  4. "Naturreservat - Ydre". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2025-03-08. 
  5. "Kallån naturreservat". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2025-03-08.