Saltar ao contido

Yarmouth, Nova Escocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaYarmouth, Nova Escocia
Imaxe
(2006)

Localización
Mapa
 43°50′19″N 66°06′55″O / 43.8386, -66.1153
EstadoCanadá
ProvinciaNova Escocia
CondadoCondado de Yarmouth (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación7.162 (2006) Editar o valor en Wikidata (677,58 hab./km²)
Xeografía
Superficie10,57 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porYarmouth Harbour (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación9 de xuño de 1761 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalB5A e B0W Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico902 Editar o valor en Wikidata

Sitio webtownofyarmouth.ca Editar o valor en Wikidata

Yarmouth é unha vila portuaria e pesqueira de 7.162 habitantes do condado de Yarmouth, no golfo de Maine, na baía de Fundy, no suroeste da provincia atlántica Nova Escocia no Canadá. É a segunda localidade máis meridional do Canadá e adoita ser denominada "a entrada a Nova Escocia".

Denominada orixinalmente como Port Forchu, foi fundada en 1759 e anexionada en 1890. Ao longo do século XIX foi un importante centro de construción naval, sendo o lugar do mundo que rexistraba maior tonelaxe per cápita,[1] mais cando os barcos de vapor comezaron a asumir a dominar na navegación, a cidade esmoreceu.

Economía

[editar | editar a fonte]

A actividade económica desta pequena cidade está baseada na pesca, por mor da proximidade do banco Georges, no transporte e no turismo. A cidade atópase na cerna dos caladoiros de langosta máis importantes do mundo polo que, usualmente, recibe as maiores cantidades de desembarque de langosta de todo Canadá.

Yarmouth conta cun porto de ligazón rápida cos Estados Unidos, así como cun aeroporto e unha autoestrada que unen a cidade co resto do mundo.

  1. "YARMOUTH: LANDS END". bayoffundy.com (en inglés). 18-7-2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]