Yan Fu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaYan Fu

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1854 Editar o valor em Wikidata
Fuzhou Editar o valor em Wikidata
Morte27 de outubro de 1921 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Fuzhou Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaTomb of Yan Fu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaFormer Residence of Yan Fu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeDinastía Qing
República da China Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo han Editar o valor em Wikidata
EducaciónRoyal Naval College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupacióntradutor , escritor , sociólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Beijing
Universidade Fudan (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua chinesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeWang Shi (en) Traducir
Zhu Shi (en) Traducir
Jiang Shi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosYan Qu (en) Traducir
 () Wang Shi (en) Traducir
Yan Bin (en) Traducir
 ()
Yan Qiu (en) Traducir
 ()
Yan Long (en) Traducir
 ()
Yan Dian (en) Traducir
 () Zhu Shi (en) Traducir
Yan Huan (en) Traducir
 () Jiang Shi (en) Traducir
Yan Xuan (en) Traducir
 () Zhu Shi (en) Traducir
Yan Hu (en) Traducir
 () Jiang Shi (en) Traducir
Yan Xu (en) Traducir
 () Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 2d0cb3b6-40d3-4bd6-be41-dfe72fcc9ff8 Editar o valor em Wikidata

Yan Fu (chinés tradicional: 嚴復; chinés simplificado: 严复; pinyin: Yán Fù; Wade-Giles: Yen² Fu⁴), nome de cortesía Ji Dao (幾道), nado en Fuzhou o 8 de xaneiro de 1854 e finado Guanhang o 27 de outubro de 1921, foi un estudoso e tradutor chinés, coñecido por introducir ideas occidentais, incluída a selección natural de Darwin, na China de finais do século XIX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Yan Fu naceu na moderna Fuzhou (provincia de Fujian) nunha respectada familia dedicada á medicina chinesa. Nos seus primeiros anos, o pai de Yan Fu animouno a obter unha maior educación e prepararse para o exame imperial. Non obstante, a morte do seu pai en 1866 provocou un cambio brusco nos plans. Un ano máis tarde, Yan Fu entrou na Academia do Arsenal de Fujian (福州船政學堂) de Fuzhou, escola occidental en que estudou unha variedade de materias, como inglés, aritmética, xeometría, física, química, astroloxía e navegación. Este foi o punto decisivo na vida do mozo Yan Fu xa que puido experimentar un contacto de primeira man coas ciencias occidentais, punto de inspiración do entusiasmo que obtivo no resto da súa carreira.

Tras graduarse con altos honores en 1871, Yan Fu continuou a pasar os seguintes cinco anos no mar. Primeiro serviu a bordo do buque escola Jianwei (建威) e despois no cruceiro de batalla Yangwu (陽武). en 1877–79 estudou no Royal Naval College, Greenwich. Durante os seus anos alí, coñeceu o primeiro embaixador da China, Guo Songtao, e a pesar da súa diferenza de idade e status estableceron unha forte amizade. Benjamin Schwartz menciona na súa biografía que "adoitaban pasar días e noites enteiras discutindo diferenzas e semellanzas no pensamento e institucións políticas chinesas e occidentais".[1]

A súa volta á China, con todo, non trouxo o éxito inmediato que agardaba. A pesar de que non puido aprobar o Exame Imperial do Servizo Civil, logrou obter un posto como profesor na Academia Arsenal de Fujian e despois na Escola Naval de Oficiais de Beiyang (北洋水師學堂) en Tianjin. Durante este tempo, Yan Fu sucumbiu á adición ao opio que brotara na China.[2]

Non foi ata despois da derrota chinesa na primeira guerra sino-xaponesa (1894–95) polo control de Corea, que Yan Fu se fixo célebre. É lembrado polas súas traducións, incluídas Evolution and Ethics, de Thomas Huxley, A riqueza das nacións de Adam Smith e Study of Sociology, de Herbert Spencer.[3] Yan criticou as ideas de Darwin e doutros, ofrecendo as súas propias interpretacións. As ideas de "selección natural" e "supervivencia do máis apto" foron introducidas aos lectores chineses a través da obra de Huxley. A idea de selección natural foi traducida por Yan Fu como tiānzé (天擇).

Yan Fu traballou como editor do xornal Guowen Bao.[4] Involucrouse politicamente e en 1895 entrou no movemento Gongche Shangshu, que se opuña ao tratado de Shimonoseki que acabou coa primeira guerra sino-xaponesa. En 1909 déronlle o grao honorífico de Jinshi.[5] En 1912 converteuse no director da Universidade Nacional de Pequín. A universidade mantén unha conferencia académica anual na súa honra.[6]

Ao final da súa vida, Yan Fu foi un monárquico e conservador que apoiou a Yuan Shikai (袁世凱) e Zhang Xun (張勛) para proclamárense emperadores. Tamén participou na fundación de Chouanhui (籌安會), organización que apoiou a restauración monárquica. Riuse das "Novas Literaturas Revolucionarias" como a de Hu Shih (胡適).

O 27 de outubro de 1921, tras marchar da súa casa de Fuzhou só un ano antes para recuperarse da súa asma recorrente, Yan Fu faleceu aos 67 anos.

Teoría da tradución[editar | editar a fonte]

Estatua de Yan Fu en Tianjin

Yan afirmou no prefacio da súa tradución de Evolution and Ethics (天演論)[7] que "hai tres dificultades na tradución: fidelidade, expresividade e elegancia" (譯事三難:信達雅). Non as estableceu como os estándares xerias para a tradución e non dixo que fosen independentes uns dos outros. Porén, dende a publicación da obra, a frase "fidelidade, expresividade e elegancia" foille atribuída como estándar para unha boa tradución e converteuse nun clixé nos círculos académicos chineses, provocando numerosos debates e teses. Algúns estudosos indican que a expresión realmente deriva do teórico da tradución escocés Alexander Fraser Tytler.

Aínda que a prosa clásica de Yan Fu cumpría os estándares de "fidelidade, expresividade e elegancia", algúns criticaron o seu traballo por non ser accesible ás novas xeracións.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Benjamin I. Schwartz (1964). In Search of Wealth and Power: Yen Fu and the West. Cambridge: Belknap Press of Harvard University Press. páx. 29
  2. Benjamin I. Schwartz (1964). In Search of Wealth and Power: Yen Fu and the West. Cambridge: Belknap Press of Harvard University Press. páx. 32
  3. Yan Fu. Britannica.com.
  4. Hegel, Robert E. "The Chinese Novel at the Turn of the Century" (crítica do libro). Chinese Literature: Essays, Articles, Reviews (CLEAR), ISSN 0161-9705, 07/1983, Volume 5, Issue 1/2, pp. 188–191 - citado na páx. 189.
  5. Lin, Xiaoqing Diana. Peking University: Chinese Scholarship and Intellectuals, 1898-1937. p. 41. 
  6. First Yan FU Academic Forum held at PKU Arquivado 23 de xuño de 2016 en Wayback Machine.. Peking University.
  7. "preface". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2007. Consultado o 18 de xullo de 2019.  Arquivado 14 de marzo de 2007 en Wayback Machine.
  8. Huang, Ko-wu (2003). "The Reception of Yan Fu in the Twentieth-Century China." University Press of America. 25-44

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]