Yamandú Orsi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Yamandú Ramón Orsi Martínez 13 de xuño de 1967 (57 anos) Canelones, Uruguai |
Intendente de Canelones | |
26 de novembro de 2020 – | |
Intendente de Canelones | |
9 de xullo de 2015 – 6 de febreiro de 2020 | |
Datos persoais | |
Educación | Instituto de Profesores Artigas |
Actividade | |
Ocupación | político, funcionario, catedrático |
Partido político | Fronte Ampla Movemento de Participación Popular |
Yamandú Ramón Antonio Orsi Martínez, nado en Canelones o 13 de xuño de 1967, é un político uruguaio que é o presidente electo dende as eleccións xerais de 2024.[1][2] É membro do partido de esquerdas Movemento de Participación Popular, un partido constituínte da Fronte Ampla. Foi o intendente do departamento de Canelones de 2015 a febreiro de 2020 e de novembro de 2020 a 2024.
Graduado no Instituto de Profesores Artigas en 1991 como mestre de historia, ensinou en diferentes liceos nos departamentos de Canelones, Florida e Maldonado.[3] Comezou a ser militante político durante a súa adolescencia, formando parte de Vertiente Artiguista ata 1990, ano no que ingresou no Movemento de Participación Popular (MPP) que fora fundado o ano anterior. En 2015 foi elixido Intendente de Canelones,[4] e en 2020, foi reelixido no cargo.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Orsi casou con Laura Alonso Pérez. Teñen fillos xemelgos, Lucía e Victorio, nados en 2012.[5] Vive coa súa familia en Salinas.[6] Orsi é afeccionado ao fútbol e apoia o Club Atlético Peñarol.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Yamandú Orsi será el nuevo presidente de Uruguay". infobae.com (en castelán). 2024-11-24. Consultado o 2024-11-24.
- ↑ "Frente Amplio oficializó sus cuatro precandidatos: Orsi, Cosse, Bergara y Lima". subrayado.com.uy (en castelán). 2023-11-18. Consultado o 2023-12-13.
- ↑ "Entrevista a Orsi: el "canarito" que se enamoró de la docencia". El Observador. Consultado o 2023-03-18.
- ↑ "Ceremonia de asunción del Intendente de Canelones, Yamandú Orsi - Presidencia de la República". 2018-04-04. Arquivado dende o orixinal o 4 de abril de 2018. Consultado o 2023-03-18.
- ↑ "Yamandú Orsi, el "gauchito de asfalto" que pasó del malambo a lo más alto de la política". Montevideo Portal (en castelán). Consultado o 2023-03-19.
- ↑ "A cartas vistas". SALA DE REDACCIÓN (en castelán). 2020-10-10. Consultado o 2023-03-19.
- ↑ "Yamandú Orsi le dio la bienvenida a Luis Suárez, "un nuevo vecino" de Canelones". El Observador. Consultado o 2023-09-26.