Yamaha Corporation
| Yamaha Corporation | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Forma xurídica
| |||||||||
|
Texto lema
| |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Fundador/a
| |||||||||
|
Presidente/a
Takuya Nakata (en)
Mitsuru Umemura (en) Shūji Itō (en) Kazukiyo Ishimura (en) Seisuke Ueshima (en) Hiroshi Kawakami (en) | |||||||||
|
Ten en propiendade
Júbilo Iwata Yamaha Music Manufacturing Indonesia (en) | |||||||||
|
Entidades subsidiarias
| |||||||||
| Actividade | |||||||||
| Economía | |||||||||
|
Bolsa de valores
| |||||||||
|
Ingresos totais
| |||||||||
| Datas | |||||||||
| |||||||||
| Cronoloxía | |||||||||
| |||||||||
| Recoñecemento | |||||||||
| |||||||||
| Localización | |||||||||
| |||||||||
| Identificadores | |||||||||
| |||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Yamaha Corporation (ヤマハ株式会社 Yamaha Kabushiki gaisha?, /ˈjɑːmɒˌhɑː/; ja) pronuncia en xaponés: [jamaha] é unha compañía xaponesa fabricante de instrumentos musicais e equipos de son.
É un dos compoñentes do Nikkei 225 e é a maior empresa de fabricación de instrumentos musicais do mundo.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Fundada en 1887 por Torakusu Yamaha como Nippon Gakki Company, Limited, a empresa comezou fabricando pianos e harmonios, e fabricou o primeiro piano feito no Xapón.[2] Ao longo do tempo, Yamaha diversificou a súa produción para incluír moitos outros tipos de instrumentos musicais, incluíndo trompas, ademais de equipos electrónicos e tecnoloxía diversa.
Tamén é recoñecida pola súa contribución á educación musical a través da súa rede global de escolas de música.
Compañía de motor
[editar | editar a fonte]Ademais dos instrumentos musicais, Yamaha Motor Company, unha empresa derivada en 1955, converteuse nun dos líderes mundiais na fabricación de motocicletas, motores de vehículos mariños, e outros vehículos motorizados.
Imaxe corporativa
[editar | editar a fonte]O logotipo de Yamaha Corporation incorpora un diapasón desde 1898. Nesa primeira versión era levado no peteiro por un ave fénix. Desde 1916, o logo consta de tres diapasóns entrecruzados que representan a conexión e a harmonía entre a tecnoloxía, a produción e as vendas, que son os tres piares da filosofía empresarial de Yamaha, segundo indican na súa páxina web oficial.[3]


Produtos
[editar | editar a fonte]Yamaha expandiuse a moitos negocios e grupos de produtos diversos. A primeira aventura en cada categoría principal está listada a continuación.
- 1887 Harmonios
- 1900 Pianos
- 1903 Mobles
- 1914 Harmónicas
- 1922 Equipos de son (primeiro fonógrafo de manivela)
- 1942 Guitarras
- 1955 Motocicletas: fabricadas por Yamaha Motor Company, que comezou como unha empresa afiliada a Nippon Gakki (nome de Yamaha Corporation naquel momento) pero hoxe é unha empresa separada.
- 1959 Artigos deportivos (comezando polo tiro con arco)
- 1959 Escolas de música
- 1961 Aliaxes metálicas
- 1965 Instrumentos de banda (primeiro trompeta)
- 1967 Tambores
- 1971 Semicondutores
- 2000 Yamaha Music Communications (compañía discográfica)
- 2001 Yamaha Entertainment Group (compañía de entretemento)
-
Piano de cola Yamaha
-
Teclado Yamaha
-
Batería Yamaha
-
Saxofón Yamaha
-
Unha colección de guitarras Yamaha
-
Amplificador para guitarra acústica Yamaha
-
Consola de mesturas Yamaha
-
Hi-Fi Yamaha
-
Chip de fillo Yamaha
-
Receptor AV Yamaha
-
Altavoces Yamaha
-
Reproductor de DVD Yamaha
Notas
- ↑ Fosler-Lussier, Danielle (2020-06-10). Music on the Move (en inglés). University of Michigan Press. ISBN 978-0-472-90128-9.
- ↑ "History". www.yamaha.com (en inglés). Consultado o 12 de outubro de 2024.
- ↑ "Logo". yamaha.com.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |
