O sexto Yamaguchi-gumi(六代目山口組,Rokudaime Yamaguchi-gumi?) é a principal organización yakuza do Xapón. Fundouna Harukichi Yamaguchi en Kobe en 1915 e é unha das meirandes organizacións criminais do mundo. Segundo a policía do Xapón en 2007 tiña 20400 membros activos e 18600 asociados,[1] o que supón o 45% de todos os membros de yakuzas.
A súa estrutura é piramidal: no cumio sitúase un kumichō (組長) (xefe), por tras están quince shatei (舎弟) (irmán máis novo) e 86 wakachū (若中) (nenos). O seu actual[cando?]kumichō é Shinobu Tsukasa, que mantén unha política expansionista dirixida cara a Tokio, tradicionalmente fóra da súa zona de influencia,[2] e fóra do Xapón.[3]
↑National Police Agency, ed. (abril de 2008). "ja:平成19年の暴力団情勢"(PDF)(en Japanese). p.3. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 12 de novembro de 2015. Consultado o 01 de setembro de 2015.Arquivado 03 de decembro de 2016 en Wayback Machine.