Saltar ao contido

YAML

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
YAML


Instancia deformato de arquivo, Linguaxe de marcas, formato de serialização de dados (pt) Traducir e off-side rule language (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Baseado enXML, Perl e JSON Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEByaml.org Editar o valor en Wikidata
RedesTwitter: yamlnews GitHub: yaml Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

YAML é un formato de serialización de datos lexible por humanos inspirado en linguaxes como XML, C, Python, Perl, así como no formato dos correos electrónicos (RFC 2822). YAML foi proposto por Clark Evans en 2001, deseñado por el mesmo xunto con Ingy döt Net e Oren Ben-Kiki.

YAML é un acrónimo recursivo que significa YAML Ain't Markup Language (en galego, «YAML non é unha linguaxe de marcado»). No comezo do seu desenvolvemento, YAML significaba «Yet Another Markup Language» (outra linguaxe de marcado máis) para distinguir o seu propósito centrado nos datos en lugar do marcado de documentos. Con todo, dado que XML se emprega frecuentemente para serializar datos e XML é unha auténtica linguaxe de marcado de documentos, é razoable considerar YAML coma unha linguaxe de marcado lixeiro.