Saltar ao contido

Xustiza artificial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xustiza artificial
 Título
   Justicia artificial (es) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
Implicados
 Director/a
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
2024 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
   98 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
IMDB: tt23739442 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Xustiza artificial (en castelán: Justicia artificial) é un filme hispano-portugués de 2024 dirixido por Simón Casal a partir dun guión de Casal e Víctor Sierra.[1][2][3] O filme está protagonizado por Verónica Echegui, Alberto Ammann, Tamar Novas e Alba Galocha, e conta no seu elenco con numerosos actores galegos, entre eles Xabier Deive na súa derradeira actuación antes do seu pasamento.[4]

Estreouse dobrado en galego en Amazon Prime Video en 5 de decembro de 2024.[5]

Nun esforzo por automatizar e despolitizar a xustiza, o Goberno de España prevé substituír os xuíces por software de intelixencia artificial.[2][3]

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Produción

[editar | editar a fonte]

A película foi producida por Justicia Artificial AIE, Tornasol Media, Abano Producións e Ukbar Filmes, coa participación de RTVE e Prime Video, e co apoio de ICAA e AGADIC.[2] [3]

En novembro de 2022, RTVE informou do inicio da rodaxe en Galiza, gravado na Coruña, Muxía e outras localizacións da Costa da Morte. Foi filmado adicionalmente en Lisboa.[2]

Lanzamento

[editar | editar a fonte]

A película tivo a súa estrea mundial en Shanghai, no seu 26º Festival Internacional de Cinema (xuño de 2024).

Foi preestreada o 5 de setembro de 2024 no Teatro Colón da Coruña, e nos cines comerciais en España o 13 de setembro de 2024 con A Contracorriente Films supervisando a distribución no Estado.[2]

  1. SAPO. "Justiça Artificial - SAPO Mag" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2024. Consultado o 2024-09-05.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 RTVE, PRENSA (2022-11-18). "Comienza el rodaje de 'Justicia artificial', participada por RTVE". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2024-09-05.
  3. 1 2 3 "ARTIFICIAL JUSTICE". Latido Films (en castelán). Consultado o 2024-09-05.
  4. "Justicia Artificial (2024) - cine". Simón Casal de Miguel (en castelán). Consultado o 2024-09-05.
  5. "A virxe vermella e Xustiza artificial xa dispoñibles en Amazon Prime Video con dobraxe en galego". @DobraxeGalega. Consultado o 15 de decembro de 2024.
  6. 1 2 3 4 5 Úbeda-Portugués, Alberto (9 de setembro de 2024). "Los estrenos del 13 de septiembre. 'Justicia Artificial'. El juego del poder". Aisge.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]