Xustino o Filósofo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 100 (Gregoriano) Nablus, Estado de Palestina |
Morte | c. 165 (64/65 anos) Roma, Italia |
Causa da morte | decapitación |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Campo de traballo | Apologética cristã (pt) , Apoloxética e Apologética católica (pt) |
Ocupación | filósofo, teólogo, apologista (pt) |
Período de tempo | Alto Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 1 de xuño |
Descrito pola fonte | Enciclopédia Judaica de Brockhaus e Efron (pt) De viris illustribus Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (pt) |
Xustino o Filósofo[1], ou Xustino Mártir, nado a principios do século II en Flavia Neápolis (Siquén), actual Nublus (Palestina) e morto entre os anos 167 e 168, é un dos primeiros Pais da Igrexa e un dos pioneiros na derivación de consecuencias filosóficas da fe cristiá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estivo inmerso nas escolas filosóficas neoplatónicas, peripatéticas e estoicas. O encontro cun ancián descoñecido introduciuno no cristianismo ao que se adheriu tras un proceso de conversión. Estableceuse en Roma onde fundou unha escola (Didascaleo romano) con relativo éxito. Denunciado como cristián por un compañeiro filósofo, negouse a dar culto ao Emperador polo que foi decapitado.
Pensamento
[editar | editar a fonte]Para Xustino o cristianismo é a meta de todas as pescudas da Razón (Diálogo 8), a única filosofía útil porque orienta a vida e lle da plenitude a través da Graza. A Razón, o Logos, fíxose encontrable en Xesús de Nazaret a través do misterio da Encarnación, logos do que participa todo o xénero humano.
Ante a acusación de ateísmo que sufrían os cristiáns, afirma a irracionalidade do politeísmo e a idolatría, para el a morte dos cristiáns nas persecucións é o asasinato dos que viven segundo a razón pacíficos e tranquilos.
Na filosofía pagá está a semente da verdade (Apoloxía I, 44), que agora se pode percibir en plenitude mediante a curación da intelección pola adhesión a Xesúscristo. Esta adhesión suscita unha vida de agape ou amor desinteresado e total en Deus e por todos. Por iso a preparación máis específica na experiencia de Israel relatada no Antigo Testamento, e o discorrer filosófico anterior á encarnación pode ser asumido polo cristián, para darlle unha totalidade de sentido.
A adhesión á nova filosofía xera unha nova polis, unha comunidade auténtica froito da conversión:
Nós, que antes seguíamos artes máxicas, agora adicámonos a face-lo ben...; que tiñamos como a mellor cousa a adquisición de riquezas a posesións, temos todas as cousas en común e compartimos mutuamente as necesidades; que nos odiábamos e destruíamos, e que a causa dos costumes diferentes non nos sentabamos onda o mesmo lume con persoas doutras tribos, agora vivimos familiarmente con eles e facemos ben aos nosos inimigos...Apoloxía I
Obras
[editar | editar a fonte]No seu Diálogo co xudeu Trifón,[2] tenta demostrar que o cristianismo non contradí os ensinos do Antigo Testamento, senón que os completa e lles da cumprimento.
Na súa primeira Apoloxía, escrita entre os anos 150 e 155, fai unha defensa do cristianismo dirixida ao emperador Antonino Pío. Por momentos acada tons desafiantes (Podedes matarnos, pero non facernos dano)
A segunda Apoloxía é unha reacción pola morte de tres cristiáns por profesarse como tales. Anticipa nela as razóns e a inevitabilidade da súa propia execución.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xustino o Filósofo |
- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-19.
- ↑ Philippe Bobichon (2003). Diálogo co xudeu Trifón/Dialogue avec Tryphon, édition critique.