Xusif Tubxi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
جوزيف طوبجي
(Xusif Tubxi)
Arcebispo da Igrexa católica maronita
(Igrexa católica)
Biografía
Nacemento28 de marzo de 1971 en Alepo, Siria
Ordes
Ordenación sacerdotal16 de marzo de 1996
Consagración episcopal7 de decembro de 2015, por Bixara Pedro al-Rai
Arcebispo de Alepo
2015 - actualidade
PredecesorYusuf-Anis Abi Ad
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Xusif Tubxi (en árabe: جوزيف طوبجي, tr. "Xuwsyf Tuwbxy"), nado en Alepo o 28 de marzo de 1971, é un eclesiástico católico maronita, arcebispo de Alepo dende 2015.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 28 de marzo de 1971 en Alepo (Siria), onde cursou a súa eduación primaria e secundaria. Entre 1990 e 1995 estudou Filosofía e Teoloxía na Pontificia Universidade Urbaniana, e posteriormente licenciouse en Dereito canónico en 1998 polo Pontificio Instituto Oriental.

Foi ordenado sacerdote da arquieparquía de Alepo o 16 de marzo de 1996, e posteriormente foi capelán de varios movementos, párroco da catedral de Santo Elías de Alepo, e párroco da igrexa de Nosa Señora de Kafrun. Ao mesmo tempo exerceu diversos encargos nos tribunais eclesiásticos: foi Promotor de Xustiza e Defensor do Vínculo no tribunal de primeira instancia entre 2002 e 2014, e xuíz e Promotor de Xustiza e Defensor do Vínculo do tribunal de apelacións das igrexas melquita, siríaca e armenia.

O 14 de marzo de 2015 foi elixido arcebispo de Alepo polo Sínodo da Igrexa maronita, e o papa Francisco aprobou a súa elección o 31 de outubro. Recibiu a consagración episcopal de mans do patriarca de Antioquía e todo o Levante Bixara Pedro o 7 de decembro do mesmo ano.