Xurxo Tupou V
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 4 de maio de 1948 Tongatapu |
| Morte | 18 de marzo de 2012 Pok Fu Lam |
| Causa da morte | leucemia |
| Lugar de sepultura | Mala'ekula (en) |
| Monarch of Tonga (en) | |
| 11 de setembro de 2006 – 18 de marzo de 2012 | |
| Datos persoais | |
| Residencia | Palácio Real de Tonga (pt) |
| Educación | Universidade de Oxford Real Academia Militar de Sandhurst (pt) |
| Actividade | |
| Ocupación | rei, político |
| Carreira militar | |
| Rango militar | xeneral de exército |
| Familia | |
| Familia | Casa de Tupou (pt) |
| Fillos | ʻIlima Lei Tohi |
| Pais | Taufaʻāhau Tupou IV |
| Irmáns | Salote Mafile'o Pilovelu Tuita Tupou VI |
| Premios | |
Xurxo Tupou V, nado o 4 de maio de 1948 e finado o 18 de marzo de 2012, foi rei de Tonga do 11 de setembro de 2006 ata a súa morte. O seu nome enteiro en tongano era Siaosi Tāufa'āhau Manumataongo Tuku'aho Tupou.
Foi o fillo máis vello ro rei Taufa'ahau Tupou IV, e foi nomeado príncipe herdeiro o 4 de maio de 1966. Na súa vida corrente é máis coñecido co nome tradicional de Tupouto'a. Como príncipe herdeiro, exerceu unha grande influencia na política tonguesa, e foi ministro de Asuntos Exteriores entre 1979 e 1998. Ten grandes negocios tanto no arquipélago como fóra. Está solteiro e non ten fillos.
O 11 de setembro de 2006, ao morrerlle o pai, foi nomeado rei de Tonga, se ben a coroación oficial non se realizou ata o 1 de agosto de 2008, unha vez rematado o loito dun ano polo monarca falecido. O seu sucesor foi o seu irmán Lavaka Ata 'Ulukalala.