George o Solitario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xurxo Solitario»)
George o Solitario.

George o Solitario foi o nome dado ao último espécime coñecido da subespecie Geochelone nigra abingdonii (ou Chelonoidis nigra abingdonii ou, co status de especie, Chelonoidis abingdonii), unha das once subespecies da tartaruga das Galápagos, nativa das Illas Galápagos. Finou o 24 de xuño de 2012, extinguíndose así a subespecie.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Xurxo foi atopado na illa Pinta en 1971 por uns cazadores de cabras. O seu nome deriva de que se cre que é o último da súa subespecie, e posibelmente en honra do actor cómico estadounidense George Gobel (Lonesome George en inglés). Foi acollido no Centro de Investigación Charles Darwin das illas. Calculábase que tiña sobre 100 anos de vida, nunhas especies que poden vivir ata entre 120 e 200 anos.

Aínda que non está descartada a posibilidade de que haxa algún outro exemplar na illa de Pinta desta subespecie, nos últimos corenta anos non foi avistado ningún, e xa cando se atopou a Xurxo críase que as tartarugas desa illa estaban extintas. Con todo, Xurxo foi pechado xunto con dúas femias de Geochelone nigra becki da illa Wolf, unha subespecie similar (tamén chamada Chelonoidis nigra becki ou, co status de especie, Chelonoidis becki), coa esperanza de que os seus xenes se conservasen na descendencia, pero estes experimentos de reprodución en catividade non tiveron éxito.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Nicholls, H. (2006) Lonesome George: The Life and Loves of a Conservation Icon, Macmillan Science, Londres, 2006. https://web.archive.org/web/20080507151654/http://myweb.tiscali.co.uk/henry/
  • Tortoise & Freshwater Turtle Specialist Group 1996. Geochelone nigra ssp. abingdoni. In: IUCN 2006. 2006 IUCN Red List of Threatened Species. <www.iucnredlist.org>. Descargado o 20 de maio de 2006.
  • Lonesome George: The Life and Loves of a Conservation Icon (ISBN 1-4039-4576-4) by Henry Nicholls.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]