Xurxo Lorenzo Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXurxo Lorenzo Fernández

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de febreiro de 1910 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de abril de 1934 Editar o valor em Wikidata (24 anos)
Zaragoza, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de San Francisco de Ourense Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , debuxante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiTabarra Editar o valor em Wikidata
IrmánsXaquín Lorenzo Editar o valor em Wikidata

Xurxo Lorenzo Fernández, nado en Ourense o 11 de febreiro de 1910 e morto en Zaragoza o 2 de abril de 1934[1], foi un investigador e debuxante, irmán do coñecido etnógrafo Xaquín Lorenzo, Xocas, tres anos maior ca el.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A causa da morte do pai, o escritor e caricaturista José Laurentino Lorenzo Álvarez (Tabarra), a finais de 1923, a nai, Joaquina Fernández Barcia, ten que marchar a Arxentina e os irmáns sepáranse para ir vivir Xurxo a Vigo, co avó materno, e Xaquín a Lobeira (Ourense). Xurxo pronto manifesta a súa habilidade no debuxo, así como para tocar diferentes instrumentos musicais.

Aínda que comeza a estudar Arquitectura en Madrid, abandonou a carreira e matriculouse en 1931, co seu irmán, en Santiago de Compostela, para estudar Filosofía e Letras. Os dous irmáns involúcranse no movemento galeguista, no que xa participaran en Ourense, e colaboran co Seminario de Estudos Galegos, no que é nomeado Segredario de Actas en 1932. Estas actividades rematan provocando algúns enfrontamentos cos seus profesores, polo que se ven obrigados a pedi-lo traslado a Zaragoza en 1933, onde Xurxo morre ó pouco de chegar, a consecuencia dunha septicemia.

A pesar do prematuro da súa morte, escribiu diversos traballos en distintas materias vinculadas con Galicia, como arte, historia, arqueoloxía, etnografía ou epigrafía, que publicou en Nós, no Arquivos do Seminario de Estudos Galegos e outras revistas, só ou en colaboración co seu irmán, con Florentino López Cuevillas, Fermín Bouza-Brey e outros.

Exemplos destes traballos son as seguintes publicacións:

Xaquín e Xurxo Lorenzo con súa nai Joaquina Fernández Barcia, c. 1930.
  • "Un casamento na Lobeira" (Nós 58, 15 de outubro de 1928, 186-188)
  • "A cristianización do castro de Monterrei" (Nós 94, 15 de outubro de 1931, 188-191)
  • "Notas do meu diario arqueolóxico" (Nós nº 124-125, abril-maio 1934, 74-88)
  • "Tres estacións de arte rupestre da Serra do Leboreiro", con Luciano Fariña (Nós 115, 25 de xullo de 1933, 124-132)
  • "Blasós de Ourense" (Arquivos do Seminario de Estudos Galegos", vol. V, 1930, 155-169; vol. VI, 1932, 259-276)
  • "Catálogo dos castros galegos. Terra de Lobeira", co seu irmán Xaquín e Cuevillas (Nós 116, 15.08.1933, 174-182; 117, 15.09.1933, 189-200; 118, 15.10.1933, 211-224)
Sepultura no cemiterio de S. Francisco.

Como debuxante, ilustrou O señor feudal, de Vicente Risco e é súa a portada de Autonomía, de Ramón Villar Ponte. Un dos seus debuxos máis reproducidos é o Xogador de porca.

Ramón Otero Pedrayo dixo del, no Libro dos Amigos, que "de ter vivido máis anos sería o mestre e o poeta da súa xeración, cumpridor do voto e arelanza de Vicetto e de Pondal".

En novembro de 2010, o Museo do Pobo Galego presentou unha exposición Debuxos de Lobeira. Plumillas de Xurxo Lorenzo e fotografías de Mark Ritchie.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada dáse o 3 de abril como data da morte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]