Xunta (mecánica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Varias xuntas destinadas a un motor V4 dun Ford
1. Arandela de goma
2. Arandela de fibra
3. Xuntas de papel
4. Xunta da cabeza dun motor

Unha xunta é un obxecto que permite o acoplamento mecánico entre dous obxectos, enchendo o espazo entre eles, permitindo a súa fixación con firmeza e impedindo, cando estes transportan fluídos, a fuga do contido para o exterior.

Debido ás súas características a xunta permite unir superficies que posúan irregularidades. Estas superficies son unidas xeralmente polo uso de parafusos ou remaches.

Material[editar | editar a fonte]

Conforme a aplicación á que se destinan poden ser de papel, goma, aglomerado de cortiza con goma, silicona, metal, fibra de vidro. Para certas aplicacións especiais, como xuntas da cabeza para motores de automóbiles, foi usado ata a súa prohibición o amianto entre chapas metálicas de cobre, sendo actualmente substituído por cartóns especiais, habitualmente grafitados e resistentes a altas temperaturas. As xuntas de cabeza poden tamén ser feitas con láminas de aceiro sobrepostas, denominándose neste caso, multi-layers.

Características[editar | editar a fonte]

É indispensable que o material propio das xuntas teña unha boa compresibilidade de forma que consiga encher as eventuais imperfeccións dos obxectos a unir.

En función das aplicacións, as xuntas poden ter unha elevada resistencia química(cando entran en contacto con substancias corrosivas), de temperatura ou mecánica.