Xulio Obsecuente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xulio Obsecuente
Nacementoséculo IV
Falecementoséculo III
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónhistoriador, escritor e poeta
editar datos en Wikidata ]

Xulio Obsecuente (Iulius Obsequens) foi un escritor da antiga Roma, autor dunha obra chamada Libro dos Prodixios (Liber Prodigiorum). Nada se coñece acerca da súa vida, pero crese que viviu no século IV.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O Libro dos Prodixios é una recompilación de textos provenientes da obra de Tito Livio que fan referencia a prodixios (sucesos extraordinarios e sobrenaturais) ocorridos na historia de Roma entre os anos -249 e -12. Foi impreso por vez primeira polo humanista veneciano Aldo Manuzio en 1508, segundo un manuscrito hoxe perdido, que pertenceu a Jodocus de Verona. Edicións posteriores foron impresas por F. Oudendorp (Leyde, 1720) e O. Jahn (1853).

Curiosidades[editar | editar a fonte]

A obra é moi citada polos interesados na ufoloxía, que interpretan algúns dos prodixios mencionados nela como exemplos das aparicións que tentan rastrexar.

Traducións[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]