Xulio Gil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xulio Gil Rodríguez»)
Xulio Gil
Nacemento1954
Lugar de nacementoOurense
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónfotógrafo
CónxuxeMercedes Álvarez Álvarez (1981-1991)
Xela Arias (1992-2002)
Isabel Santos Dávila (2008-...), Compañeira.
FillosElena Gil Álvarez (1983)
Darío Gil Arias (1994)
editar datos en Wikidata ]

Xulio Gil Rodríguez, nado en Ourense en 1954, é un matemático e fotógrafo galego. Reside en Vigo[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pai vigués, viviu a infancia e a adolescencia na Rúa Aragón da cidade de Vigo. Estudou Enxeñería para logo pasar a Matemáticas. En Santiago de Compostela coñeceu o arqueólogo Antón Rodríguez Casal, que lle transmitiu a paixón pola prehistoria, que á súa vez o levou a comezar a relación co mundo da arte.

Expuxo por primeira vez en 1976 na praza da Princesa de Vigo. Teñen obra súa a Colección Caixanova e o Museo de Pontevedra.[2]

En 1992 casou coa poeta Xela Arias, con quen en 1994 tivo un fillo, Darío; separaron no ano 2002.

Obra bibliográfica[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi Premio da Crítica Galicia en Artes Plásticas e Visuais na XXXVI Edición, do ano 2013: " tendo en conta a calidade e orixinalidade da súa obra fotográfica, no marco dun longo proxecto de corenta anos que sigue vivo.".[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Como todos en Vigo, soy de Ourense» La Voz de Galicia, 31 de xaneiro de 2011 (en castelán).
  2. Ana Diéguez Rodríguez: "Fotografía gallega de los años 80 en el Museo de Pontevedra: la serie "Antropolóxicas" de Xulio Gil" en El Museo de Pontevedra n.º LVII (2003).
  3. "Xela Arias cuelga en la pared los dramas inconfesables..." El Ideal Gallego, 12/8/1990.
  4. Imaxe da portada de Olores e sabores do saber
  5. Ficha do libro Xulio Gil na páxina da Deputación
  6. Petróglifos de Galicia no Proxecto Meiga.
  7. "Secretos de catedral: A basílica de Santiago de Compostela a través dos seus tempos e espazos" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xullo de 2015. Consultado o 04 de xullo de 2015. 
  8. "Ditame dos Premios da Crítica Galicia 2013". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2015. Consultado o 02 de xullo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]