Xulio Alonso Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Xulio Alonso Sánchez
Nacemento 27 de maio de 1859
  Lugo
Falecemento 20 de xaneiro de 1916
  Cangas
Nacionalidade España
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

Xulio Antonio Alonso Sánchez,[1] nado en Lugo o 27 de maio de 1859 e finado en Cangas o 20 de xaneiro de 1916[2], foi un avogado, notario e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José María Alonso Álvarez e María Sánchez Cobas. Realizou os estudios en Lugo ata alcanzar o grao de Bacharel. Ingresou na Universidade de Santiago de Compostela en setembro de 1879, matriculándose na Facultade de Dereito con vinte anos. Rematada a carreira, ingresou no corpo de notarios e foi destinado a Cangas do Morrazo. Colaborou nas periódicos lucenses A Monteira e O Labrego con artigos sobre ás cuestións agrarias. En A Monteira tamén apareceu un artigo sobre o músico Xan Diz. En 1908 participou na enquisa realizada por Faro de Vigo sobre a redención dos foros, e en marzo de 1914 circulou pola prensa radical-lerrouxista a súa Memoria sobre foros y subforos y medios de proceder equitativamente a su desaparición, que apareceu en La Libertad de Pontevedra e El Radical de Madrid. Doou á Deputación de Lugo dous violíns de extraordinario valor.

Como narrador en galego, é autor de dous relatos costumistas publicados en A Monteira: "O chufón" (1889) e "Unha voda" (1890).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]