Xulián Magariños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xulián Magariños Negreira»)
Infotaula de personaXulián Magariños
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1904 Editar o valor em Wikidata
Negreira, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xullo de 1934 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
Negreira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalDereito
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Sinatura

Xulián Manuel Cipriano Magariños Negreira, nado en Negreira o 16 de setembro de 1904 e finado o 9 de xullo de 1934, foi un escritor e avogado galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 1923 e 1928 estudou Dereito en Santiago de Compostela. Foi membro fundador do Seminario de Estudos Galegos durante a súa etapa universitaria, xunto a Fermín Bouza-Brey, Xosé Filgueira Valverde e outros estudantes da época. En setembro de 1928 marchou a Madrid para preparar as oposicións a rexistrador da propiedade. En 1930 volveu a Negreira e establécese cun bufete de avogado. Escribiu na prensa (A Nosa Terra, Céltiga, El Compostelano, El País Gallego, La Voz de Barcala, Nós), colaborou (con Cordal Carús, Filgueira Valverde e Lois Tobío Fernández) nun Vocabulario popular Galego-Castelán (Santiago, 1928) e publicou dúas noveliñas curtas na histórica colección Lar. Enfermo do corazón, faleceu na súa vila natal en 1934 ós 29 anos de idade.

Obras[editar | editar a fonte]

Placa polo centenario.
  • O Kalivera 30 H. P. (Lar, 1926).[1]
  • O filósofo de Tamarica (Lar, 1926).[2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Iglesias, Xabier (13/10/2012). "O Kalivera 30 H.P.". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com. 
  2. Iglesias, Xabier (31/01/2015). "O filósofo de Tamarica". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]