Xudite decapitando Holofernes (Artemisia Gentileschi, Nápoles)
Xudite decapitando Holofernes | |
---|---|
![]() | |
Tipo | pintura ![]() |
Xénero artístico | arte sacra ![]() |
Material | pintura ao óleo e lenzo ![]() |
Autoría | |
Creador/a | Artemisia Gentileschi ![]() |
Temática | |
Tema principal | Judite e Holofernes (pt) ![]() ![]() |
Baseado en | Libro de Xudit ![]() |
Representa a
| |
Datas | |
Data de creación | 1613 ![]() |
Dimensións | |
Altura | 158,8 cm ![]() |
Anchura | 125,5 cm ![]() |
Localización | |
Localización | Reggia di Capodimonte (pt) ![]() ![]() |
Colección | Reggia di Capodimonte (pt) ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | |
Descrito pola fonte
| |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Xudit decapitando Holofernes é unha pintura de óleo sobre lenzo (158,8x125,5 cm) realizada entre 1612 e 1613 pola pintora Artemisia Gentileschi. A obra consérvase no Museo Nacional de Capodimonte, en Nápoles.
Descrición
[editar | editar a fonte]O lenzo aparece máis pequeno e de diferentes cores en comparación cunha segunda versión, gardada na Galería dos Uffizi, en Florencia. Dada a redución realizada a un lado deste lenzo, algúns pensan que a composición era máis equilibrada e semellante á versión de 1620, mentres que outros estudosos, como G. Papi, argumentan que se trataba dunha versión expresamente diferente. De tódolos xeitos, e grazas aos estudos con raios X realizados por Mary Garrard sobre a obra, está demostrado que esta é a primeira versión da Xudith de Artemisia debido aos diversos cambios que a pintora realizou no transcurso da obra.[1]
O lenzo foi pintado inmediatamente despois do xuízo por violación no que Artemisia acusou a Agostino Tassi, colaborador do seu pai. Precisamente por esta proximidade cronolóxica, algúns historiadores da arte consideran que a violencia que expresa o episodio representado é froito do desexo de vinganza da propia Artemisia. De feito, a autora optou, atipicamente en comparación cos outros artistas da súa época, por representar a escena da decapitación de Holofernes con respecto ao momento da fuga das dúas mulleres. O episodio foi certamente máis difícil de pintar dun xeito realista, pero pódese ver a habilidade do artista para representar o esforzo físico nos movementos dos personaxes. A resistencia que o home opón á agresión tamén está expresado nas roupas da cama sen facer.
Pódese discernir a influencia de Caravaggio na obra de Artemisia: o cadro evoca non só na crueza da decapitación, senón na postura mesma da heroína bíblica, a Xudith de Caravaggio, que se expón no Palazzo Barberini, até o punto de que é difícil pensar que Artemisia non coñecese esta obra, a pesar das súas limitadas posibilidades de visitar e explorar Roma. A diferenza do cadro do pintor italiano, este, amosa a solidariedade entre Xudit e a criada, que só unidas poden imporse sobre o xeneral inimigo. Esta particularidade tamén podería ser unha referencia á historia persoal da pintora, quen tamén acusou a Tullia, quen naquela época era inquilina e coidadora da moza, de non prestarlle axuda no momento da violación sufrida.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Garrard (1991)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xudite decapitando Holofernes |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Contini, Roberto; Solinas, Francesco (2011). Artemisia Gentileschi Storia di una passione (en italiano). Milán: 24 ORE cultura. ISBN 978-8866480013.
- Garrard, Mary D. (1991). Artemisia Gentileschi The Image of the Female Hero in Italian Baroque Art (en inglés). Princeton: Princeton University Press. ISBN 9780691002859.