Saltar ao contido

Xudit decapitando a Holofernes (Artemisia Gentileschi, Nápoles)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xudith decapitando a Holofernes
ArtistaArtemisia Gentileschi
Data1612-1613
TécnicaPintura ó óleo
MovementoBarroco
Dimensións159 cm. cm × 126 cm. cm
LocalizaciónMuseo Nacional de Capodimonte (Nápoles)

Judith decapitando a Holofernes é unha pintura de óleo sobre lenzo (158,8x125,5 cm) realizada entre 1612 e 1613 pola pintora Artemisia Gentileschi. A obra consérvase no Museo Nacional de Capodimonte, en Nápoles.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O lenzo aparece máis pequeno e de diferentes cores en comparación cunha segunda versión, gardada na Galería dos Uffizi, en Florencia. Dada a redución realizada a un lado deste lenzo, algúns pensan que a composición era máis equilibrada e semellante á versión de 1620, mentres que outros estudosos, como G. Papi, argumentan que se trataba dunha versión expresamente diferente. De tódolos xeitos, e grazas aos estudos con raios X realizados por Mary Garrard sobre a obra, está demostrado que esta é a primeira versión da Xudith de Artemisia debido aos diversos cambios que a pintora realizou no transcurso da obra.[1]

O lenzo foi pintado inmediatamente despois do xuízo por violación no que Artemisia acusou a Agostino Tassi, colaborador do seu pai. Precisamente por esta proximidade cronolóxica, algúns historiadores da arte consideran que a violencia que expresa o episodio representado é froito do desexo de vinganza da propia Artemisia. De feito, a autora optou, atipicamente en comparación cos outros artistas da súa época, por representar a escena da decapitación de Holofernes con respecto ao momento da fuga das dúas mulleres. O episodio foi certamente máis difícil de pintar dun xeito realista, pero pódese ver a habilidade do artista para representar o esforzo físico nos movementos dos personaxes. A resistencia que o home opón á agresión tamén está expresado nas roupas da cama sen facer.

Pódese discernir a influencia de Caravaggio na obra de Artemisia: o cadro evoca non só na crueza da decapitación, senón na postura mesma da heroína bíblica, a Xudith de Caravaggio, que se expón no Palazzo Barberini, até o punto de que é difícil pensar que Artemisia non coñecese esta obra, a pesar das súas limitadas posibilidades de visitar e explorar Roma. A diferenza do cadro do pintor italiano, este, amosa a solidariedade entre Xudit e a criada, que só unidas poden imporse sobre o xeneral inimigo. Esta particularidade tamén podería ser unha referencia á historia persoal da pintora, quen tamén acusou a Tullia, quen naquela época era inquilina e coidadora da moza, de non prestarlle axuda no momento da violación sufrida.

  1. Garrard (1991)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Contini, Roberto; Solinas, Francesco (2011). Artemisia Gentileschi Storia di una passione (en italiano). Milán: 24 ORE cultura. ISBN 978-8866480013. 
  • Garrard, Mary D. (1991). Artemisia Gentileschi The Image of the Female Hero in Italian Baroque Art (en inglés). Princeton: Princeton University Press. ISBN 9780691002859. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]