Xoán de Éfeso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXoán de Éfeso
Biografía
Nacementoc. 507 Editar o valor em Wikidata
Amida (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mortedécada de 580 (>585) Editar o valor em Wikidata (72/82 anos)
Bispo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador da igrexa , escritor , historiador , sacerdote Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua siríaca Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónJacó Baradeu (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Xoán da Éfeso, nado en Diyarbakır sobre 506 e morto en 585, foi un bispo católico bizantino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tamén foi coñecido como Xoán de Asia. Foi un historiador siríaco e un importante representante da igrexa monofisita. Nado sobre o 507 en Amida (Diyarbakır), cidade do norte de Mesopotamia (hoxe no sur de Turquía), de lingua siríaca, consagrárono diácono en 529. Sabemos dunha viaxe súa a Palestina en 534 e a Constantinopla en 535, se cadra como consecuencia dunha persecución.

Sobre o 540 estaba en Amida durante a dura persecución dos monofisistas que levou a cabo Efrén patriarca de Antioquía (528-546) e Abraham, bispo de Amida (520-541) e deixou a cidade probabelmente a causa da peste de 542 para se trasladar a Constantinopla onde coñeceu a Xacobe Baradeo fundador da Igrexa ortodoxa siríaca, chamada na súa honra Igrexa xacobita.

Conquistou a confianza do emperador Xustiniano e desenvolveu en 542 unha campaña en Asia Menor contra os restos do paganismo e a presenza dos zoroastrianos. A campaña levou á construción de 41 igrexas a costa dos conversos, mentres outras 55 foron doadas polo emperador en Lidia, Caria e Frixia. As igrexas construíronse en xeral sobre templos pagáns. Tamén se construíu, entre outros, o gran mosteiro de Tralles Aydin sobre un outeiro que domina o val do río Meandro.

Naqueles anos guiou unha expedición a Pepuza, cidade de Frixia aínda non ben localizada, que os montanistas consideraban a nova Xerusalén, para reprimir a seita, destruír o templo local coas tumbas dos fundadores Montano, Priscila e Maximila e queimar os restos.

En 722 León III emitiu un edicto para impoñer o bautismo a hebreos, maniqueos e montanistas; trátase da única pegada dos montanistas despois da represión de Xoán, pero, máis probabelmente, non atangue propiamente aos montanistas senón a outra herexías, os paulicianos por exemplo.

Volveu a Constantinopla en 546 para se ocupar, por encargo de Xustiniano, da represión das tradicións pagás das clases elevadas (gramáticos, sofistas, médicos e sobre todo Foca, prefecto da cidade): cousa que fixo con encarceramentos, humillacións e queimas de libros e de imaxes de ídolos (testemuño de Xoán Malalas para o 558).

En 558 Xacobo Baradeo ordenouno bispo da Igrexa monofisita de Éfeso.

En 565 el mesmo di que era o principal responsábel dos ingresos da Igrexa Monofisita.

A súa fortuna cambiou coa morte de Xustiniano (565) e a subida ao trono de Xustino II.

En 571, co apoio do emperador, o patriarca de Constantinopla, Xoán III Escolástico, iniciou unha dura persecución dos xefes da Igrexa Monofisita. Xoán sufriu as consecuencias coa perda dos dereitos civís e a prisión, como el mesmo conta.

Os últimos eventos que se contan na súa historia son relativos ao ano 588; non sabemos nada da súa morte, que seguramente acaeceu pouco despois.

Obras[editar | editar a fonte]

Foi autor de dúas obras: Biografías de santos orientais e unha Historia da Igrexa.

Biografías de santos orientais[editar | editar a fonte]

As biografías foron escritas preto do ano 569[1] e conteñen unha serie de retratos de relixiosos monofisitas.

Historia da Igrexa[editar | editar a fonte]

A Historia da Igrexa, escrita en lingua siríaca, dividida en tres partes, empezaba con Xulio César e remataba en 588, probábel ano da súa morte.

Non fica nada da primeira parte. A segunda parte, desde Teodosio II aos primeiros anos de Xustino II, foi atoopada en manuscritos do British Museum[2] e no Codex Zuquenensis[3] conservado no Vaticano.

Na súa Historia da Igrexa o autor é dos primeiros a sinalar a aparición dos eslavos:

Tres anos tras a morte de Xustino (581) o maldito pobo dos eslavos, chamados esclavenos, recorreu toda a Hélade, as provincias de Tesalónica e de Tracia, saqueou gran cantidade de cidades, tomaron ao asalto numerosas fortalezas, devastaron e queimaron, reduciron a escravitude a poboación e apoderáronse de todo o país...

A terceira parte da historia de Xoán atangue, en detalle, os eventos do 571 ao 588 e é preciosa para as informacións sobre o movemento monofisita. Existe unha copia do século VII no British Musem[4]; atopouse outra copia no convento de Santa María Deípara do deserto de Scetes en Exipto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. publicado por J.P.N Land in Anecdota Syriaca
  2. publicada por J.P.N Land in Anecdota Syriaca
  3. publicado por A.Harrak in The cronicle of Zuquin
  4. publicado por Robert Payne Smith

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Robert Payne Smith (Oxford, 1860) The third part of the Eclesiástical History of John bischop of Ephesus Texto completo
  • Amir Harrak, The Chronicle of Zuqnin, Parts III and IV (Instituto Pontificio de Estudos Medievais, 1999) ISBN 0-88844-286-6 (en inglés)
  • Jan Pieter Nicolaas Land, Anecdota syriaca texto completo
  • Xoán da Éfeso, Historia da Igrexa: III parte; tradución en: www.tertullian.org. Inclúe indicacións sobre a vida individual en "Chronicle of the Jacobite Patriarch, Dionysius" (en inglés)
  • Xoán Malalas, Cronographia in DocumentaCatholicaOmnia
  • Susan Ashbrook-Harvey, Asceticism and Society in Crisis: John of Ephesus and the "Lives of the Eastern Saints. EScholarship, California Digital Library, 2002. Consulta parcial (en inglés)
  • Jan Jacob van Ginkel, John of Ephesus. A Monophysite historian in Sixth-century Byzantium. Groningen, 1995 (Tese). (en inglés)

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]