Xoán XVIII, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoán XVIII, papa
Nacementovalor descoñecido
Lugar de nacementoRoma
Falecemento18 de xullo de 1009
Lugar de falecementoRoma
SoterradoBasílica de San Pedro
NacionalidadeEstados Pontificios
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsacerdote católico e escritor
Período1003 a 1009
Coñecido porser o papa n° 141 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
WikiTree: Fasano-97
editar datos en Wikidata ]

Giovanni Fasano foi papa da Igrexa católica baixo o nome Xoán XVIII dende o ano 1003 (consagrado en xaneiro de 1004) ata o ano 1009 . Naceu en Roma, non se sabe o seu ano de nacemento e finou nun mosteiro da mesma cidade en 1009. Sábese pouco sobre a súa vida e as fontes discrepan nas datas. Pola contra acontecementos sobre o seu pontificado son mellor testificados.

Biografía[editar | editar a fonte]

Era fillo dun sacerdote romano. Elixido papa o día de Nadal 1003, carga da cal dimitiu en 1009 para retirarse de monxe nun mosteiro de Roma, onde se dedicou á vida monástica, e onde morreu algúns meses máis tarde.[1]

Fai parte dos papas, como o seu predecesor, Xoán XVII, que estiveron baixo o dominio da poderosa familia romana Crescencio, familia oposta á potencia imperial, e que logrou gobernar Roma algún tempo [2].

Pontificado[editar | editar a fonte]

Durante o seu pontificado xestionou sobre todo asuntos vinculados á administración eclesiástica.

Conseguiu restablecer a unión con Bizancio e foi recoñecido bispo de Roma pola Igrexa Ortodoxa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (en francés) [1], (en inglés) [2], (en castelán) [3] Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine., (en castelán) Páxina web sobre Xoán XVIII na ENCICLOPEDIA CATÓLICA[Ligazón morta]
  2. (en inglés) Crescentius

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.