Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé Manuel Malheiro Gutiérrez
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Provincia de Moxico Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 35551

Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, nado en Moxico (Angola) o 3 de xaneiro de 1961, é un profesor e escritor galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre e Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación (Pedagoxía) pola Universidade de Santiago de Compostela.[1] Foi director das Escolas Obradoiro de Terra de Montes (Forcarei, 1992-1995), A Xuventude II (Cambados, 1995-1998) e Restauración IV (Tui, 1998-2000).[2] Traballou nas universidades de Vigo (2001-2002) e Santiago de Compostela (2003-2008).[2] Desde 2008 é profesor do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña.[2] Investiga sobre os procesos migratorios e as súas implicacións na escola; o contido dos manuais escolares; o emprego das imaxes fotográficas e o cinema como recursos no estudo da memoria escolar.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

  • A Escola da Bandeira. Unha nova escola en Galicia (1909-1936), 2000.[3]
  • Fomento de la Instrucción Gallega, 2002 (coord.).[2]
  • A Herdanza da emigración ultramarina, 2004.[2]
  • Os lalinenses en América. Proxectos educativos e organización escolar. 2005.[4]
  • As escolas de emigrantes e o Pensamento Pedagóxico: Ignacio Ares de Parga e Antón Alonso Ríos, 2006.[2]
  • Nicolás Gutiérrez Campo. O recordo dun bo mestre, dun home bo, 2007.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Xosé Manuel Malheiro Gutierrez. Breve currículo" (PDF). nova-escolagalega.org. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez". www.udc.es. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  3. "As Escolas da Emigración". mapas.consellodacultura.gal. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  4. "Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez". Dialnet (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]