Xosé Manuel Cairo Antelo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | xaneiro de 1945 (79 anos) Noia, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico, escritor |
Xénero artístico | Poesía |
Xosé Manuel Cairo Antelo, nado en Noia en xaneiro de 1945, é un escritor e pintor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado e doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa como hematólogo do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Ten publicado poemas e relatos en diversas revistas, e participado en diversos recitais ademais de colaborar con ilustracións en diversos libros.
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Esas mans, 1990, Concello de Noia.
- Impreciso xermolar dos renovos, 1999, Galinova.
- Da carraxe e da paixón, 2008, Espiral Maior.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- O espello de dúas caras (2022). Noia: Toxosoutos. 221 páxs. ISBN 978-84-125915-3-8.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega.